luns, 15 de decembro de 2014

1876: rúas e veciños (6)

Os veciños de Cortegada pagaban unha media de vinte pesetas anuais pola contribución urbana. O que máis contribuía era Roque Ramos Rodríguez, con cento catorce pesetas, o que menos Francisco Conde Rodríguez con catro.

A media de pago por contribucíon rústica era superior á urbana. Pasaba das cincoenta e sete pesetas ao ano o que pagaban os veciños de Cortegada polas suas terras. O maior contribuínte aquí era J. Manuel Chaves Amenal, con cento vintesete pesetas, seguido de Miguel Ramos Caneda, José M. Conde Conde, Antonio Sardiñeira Ramos e José Rodríguez Cardalda.

En total eran trece os contribuíntes que vivían en Cortegada, os seus nomes eran:
  • Antonio Sardiñeira Ramos
  • Francisco Conde Rodríguez
  • J.Manuel Chaves Amenal
  • José M. Conde Conde
  • José Rodríguez Cardalda
  • Juana Ozores Río
  • Juan Melón Figueirido
  • Miguel Ramos Caneda
  • Manuel Súarez Padín
  • Ramón Rodríguez Cardalda
  • Rosendo de Dios Ríos
  • Roque Ramos Rodríguez
  • Ventura Conde Conde

sábado, 13 de decembro de 2014

1876: rúas e veciños (5)

Entre as trinta e tres e as coarenta e cinco pesetas de pago medio de contribución están as rúas Prim, Vitoria, e Cervantes. Os maiores contribuíntes da rúa Prim eran J. María Franco Riuela e J. Manuel Ramos Señoráns. Vivían aquí ademais, Josefa Abuín González, J. Benito Chaves Ramos, Manuel Abuín Franco, Pedro Rodríguez, Ricardo Torrado Carou, Rosa González García e Ventura Seijas Teira.

Na rúa Vitoria o maior contribuínte era Manuel Abalo Franco. A media do pago de contribución ascendía ás 35 pesetas. Vivían ademáis Andrea Duro García, Agustín Iglesias Castro, Concepción Franco Rivera, Enrique Canabal Franco, Francisca Couselo Romero, José Manuel de Dios Río, Juan Bernardo González, José Andrés Barros y Barros, Joaquín Cerqueiras Falcón, José María Ramos Rey, Josefa Rey, Josefa del Río García, Juana Rodríguez Moar, Manuel Suárez Otero, Manuel Abalo Franco, Rafael Castromán González,  e Ramón García Franco.

A rúa Cervantes era unha das que maior número de veciños tiña. A media de pago de contribución ascendía a trinta e tres pesetas anuais. Vivían aquí Andrés Padrón Río, Anselmo Torres Millán, os herdeiros de Benita Patiño Búa, Baltasar Linares, Diego Ramos Patiño, Encarnación Lens Lens, a viuda de Francisco Rodríguez Cascallar, José Crespo Ramos, Jacinto Somoza Duro, José Franco Iglesias, a viuda de Manuel  Romero, Juana Ferreirós González, José González Rodriguez, Josefa Iglesias Ferreirós, Joaquín Vicente Suárez, Josefa Gondar Búa, Juan L. García Señoráns, José M. Breijo Ramos, Manuel Ares Cabanelas, Peregrina Eiras García, Ramón P. Figueiras Ramos, Santiago Conde Conde e Soledad García Rodríguez.


xoves, 11 de decembro de 2014

1876: rúas e veciños (4)

As rúas que teñen unha media de pago de contribución entre as coarenta e sesenta pesetas eran as de Lucena, Esperanza, Castillejos e Prim.

A rúa Lucena contaba con once contribuíntes, a maior era Josefa Canabal Posse seguida de José Álvarez Búa e J. Manuel Louzán Rivas. Os outros veciños eran Agustín Cancela Cascallar, Antonio Luna Abuín, Joaquín Gorordo Franco, José Andrés García Pazo, Juana Maneiro, José Ramón Longa, Manuel Franco Río e Manuel Castromán González.

A rúa Esperanza contaba con nove veciños. O maior contribuínte era Juan Serantes Martínez, seguido de José Barreiro Abalo. Os outros eran os herdeiros de Andrés Villamarín García, Juana Loureiro Moar, José Benito Pedrosa Couselo, J. María Franco García, Manuel González Agra, María Franco Abuín e Santiago de Dios Abalo.

Na rúa Castillejos os dous maiores contribuíntes eran Agustín Iglesias Ferreirós e J. Ventura Maneiro García. Ademáis alí vivían Benita Guisande González, Ceferino Miranda Pardavila, Francisco Cerqueiras Falcón, os herdeiros de Josefa Franco Blanco, a viuda de Joaquín Longa Franco, Joaquina Franco Blanco, José González Villamarín, Josefa Boga, J. Benito Patiño Franco, J. Ventura Maneiro García, María del Carmen Cajaraville, Manuel del Río Franco, Rosario Ramos Rodríguez e Victoriano Álvarez Búa.

Na rúa Prim o maior contribuínte era J. Mnauel Ramos Señoráns, seguido de J. María Franco Riuela. Aquí vivían ademais Benita Luna Abalo, Josefa Abuín González, J. Benito Chaves Ramos, Manuel Abuín Franco, Pedro Rodríguez, Ricardo Torrado Carou, Rosa González García e Ventura Seijas Teira.

martes, 9 de decembro de 2014

1876: rúas e veciños (3)

A rúa con maior número de contribuíntes en Carril era a do Carme. Tiña un total de vintenove veciños que pagaban contibución. Seguíalle logo a rúa Aduana con vinteoito. En cambio, en canto o que pagaba anualmente cada un, era menor na rùa do Carme, cun total de 79'5 pesetas anuais de media. Os maiores contribuintes aquí eran Juan Ferreirós Rey, seguido de Josefa Sardiñeira Ramos e Juan Ferreirós Canabal. Vivían aquí ademais Andrés Rodríguez García, Angel Míguez Renda, Andrés Romero, Antonio Padrón Rodríguez, Antonia Ferreirós Rey, José Castromán Franco, José Guillán Romero, J. Benito Bugallo Rodríguez, José R. Castromán González, Joaquín Vicente Suárez, Josefa del Río, Jacobo Franco García, Martín García Señoráns, a Vda. de Manuel  Bello Rico, Manuel Lobato Moure, Manuel Bugallo García, Manuel Iglesias Alonso, Manuel Abelenda Soto, Nicomedes Patiño Olivert, Roque Bugallo García, Rosario Franco Iglesias, Ramón Míguez Renda, Santiago Castromán Padrón, Serrapia Santalla Búa e os herdeiros de Vicenta Gómez Ríos.

A rúa que contaba cunha media de contribución inmediatamente inferior á rúa do Carme era a rúa de Santiago. Aquí o pago medio anual ascendía a 69 pesetas. O maior contribuínte era  Miguel Guisande Ramos, con 231 pesetas, seguido de J. María Patiño Guisande, J. García Señoráns Fernández e Mª Angela Franco Abalo. Outros veciños que vivían aquí eran Francisco Barcala Lorenzo, J. Manuel Ramos Patiño, José García García, Josefa Franco Rodríguez, José Crespo Abalo, José López Vázquez, Josefa Abuín Abalo, Josefa Padrón Río, os herdeiros de Nicolás García González e os de Ramón Torrado Barcala.

sábado, 6 de decembro de 2014

1876: rúas e veciños (2)

Duas das rúas con maior número de veciños eran as do Progreso e Aduana. As duas seguíanlle ás anteriores en canto ao pago medio por habitante da contribución urbana. Na primeira, a rúa Progreso, o número de veciños era dezaseis e o pago da contribución alcanzaba case as noventa e duas pesetas anuais. Quen aquí vivían eran Gabriel Padrón Rico, os herdeiros de Isidro Padrón Castromán, Juan de la Fuente Carnero, J. Lorenzo de la Fuente, este pola testamentaria de Andrés Fernández, J. Benito de Abalo y Abalo, José Soto Abelenda, José Cortizo Gil, Juan R. Franco Abuín, José M. Cortés Ramos, Manuel Pérez Sisán, Manuel Franco Rivera, Pedro Abalo y Abalo, Rosario Villabrille Mon, os herdeiros de Rosa Figueiras Duro, Vicente Martínez Sanmartín e Virtudes Abalo.

O maior contribuínte desta rúa era J. Benito de Abalo y Abalo, que pagaba cincocentas cincoenta pesetas anuais por urbana e cento oitenta e sete por rústica, e vivía na casa inmediata ao que  é hoxe o pequeno xardín de Rosalía de Castro, seguido de J. Lorenzo del la Fuente, con cento setenta pesetas de urbana e cento sesenta de rústica.

Os contribuíntes que vivían na rúa Aduana eran un total de vionteoito veciños. O pago medio anual de todos eles por contribución urbana pasaba das oitenta pesetas anuais. Os seus nomes eran Andrea García Abalo, os herdeiros de Antonia Eiras, Andrés del Rio Franco, Antonio Almeparte Fernández, Benita Romero Meaños, Ezequiel da Vila Sumay, Francisco Vieites Cortés, Francisco García Franco, Isabel Ferreirós Rey, Josefa Escobar García, Juana Franco Duro, Josefa Soto Padrón, Jacoba Moar Castromán, José Benito Meaños, José García Bravo, José Benito del Río, Manuel Franco Río, Pedro Gorordo Ibarra, Rosendo Blanco Suárez, Roque Franco Castromán, Ramón Ramos Rodríguez, Rosa Franco Abuín, Rosario Portas Moraña, herdeiros de Rosario Pérez Ríos, herdeiros de Rafael Búa Blanco, Serafín García Señoráns, Vicente Rivas Gómez e a Viuda de Ventura Filgueira Fernández.

Nesta rúa o maior contribuínte era José García Bravo, que pagaba un total de setecentas noventa pesetas anuais, seguíanlle Antonio Alemparte Fernández, con duascentas setenta e catro e Vicente Rivas Gómez, con cento cincoenta.


xoves, 4 de decembro de 2014

1876: rúas e veciños (1)

O "Repartimento da contribución territorial" permítenos coñecer onde vivían todos e cada un dos contribuíntes de Carril nos anos fianis do século XIX. A ocupación do espacio urbano non é froito dun casual. As principais rúas están ocupadas polos maiores propietarios. Dende o centro urbano establécese unha categoría de edificios e rúas que ben reflicten a escala social da localidade naquel momento. Os maiores contribuíntes residían na Mariña. Catro edificios albergaban a vivenda dos maiores propietarios . A cada un deles correspondíalle unha media  de catrocentas trinta e tres pesetas de pago anual polas suas propiedades urbanas. Aquí residían Domingo Abad Ríos, Pedro García Bravo, Roque Álvarez Búa e Salvador Buhígas y Prat.

Outra rúa que na que se superaban as cen pesetas de pago anuais por contribución urbana era a rúa Luchana, inmediata á anterior. Aquí eran propietarios Agustín García Ramos, José Iglesias Moar, J. Manuel López Abalo, Manuel Ferreirós Rey, Miguel Padrón Castromán e Pablo Somoza Villamarín.



martes, 2 de decembro de 2014

1876: os maiores contribuíntes

O "Repartimento da contribución territorial" de 1876 dá a coñecer quén eran os maiores propietarios do Carril a finais do século XIX. Este documento tanto permite a relación nominal de maiores contribuíntes como establecer unha categoría de rúas segundo o seu valor catastral.

No primeiro caso podemos distinguir aqueles maiores contribuíntes que tiñan a súa residencia en Carril daqueles outros que, sendo propietarios aquí, non eran veciños carrilexos. Dos que tiñan residencia en Carril destaca como o maior contribuínte Salvador Buhígas y Prat, empresario local de orixe catalán, que chegaba a pagar anualmente de contribución un total de 398'70 pesetas. Entre as duascentas e as trescentas pesetas pagaban Benigno Artíme e os herdeiros de Antonia García Señoráns. O grupo dos que pagaban entre as cen e as duascentas pesetas estaba composto por Josefa Canabal Posse, Domingo Abad Ríos, José Benito de Abalo y Abalo, José García Bravo y Manuel Abalo Franco.

Daqueles que non residían en Carril pero que si tiñan propiedades aquí destacan sobre todos os de la Riva. Este é un apelido de empresarios compostelanos que en tempos foron administradores de todas as rentas da igrexa compostelana. Quén mais contribúe é Luis de la Riva Barros, con duas mil catrocentas pesetas anuais, seguíndolle o seu irmán Santiago de la Riva Barros con cincocentas sesenta. Máis de catrocentas pesetas pagaban Romulado López Ballesteros e Juan Puig. Máis de trescentas os herdeiros de Luis de la Riva e José María Carderid. Patricio Moreno, empresario compostelano, autor da desecación da marisma de Vilagarcía, tiña propiedades en Carril, de natureza rústica, polas que pagaba 126 pesetas.

Por último cabe destacar as 400 pesetas que pagaba Diego López Ballesteros, da Casa da Golpilleira; en concepto de rústica, supoñemos pola Illa de Cortegada.

xoves, 20 de novembro de 2014

O pleito con Padrón (3)

Ademais da pesca e a descarga de sal, o acordo entre Carril e Padrón regula duas cousas mais. Víñase dando o caso de que a Carril acudían xentes tanto "das aldeas como de fora" a pescar. Para eles tamén ten vixencia o acordo do pago das "seysçentos pares de brancas". Por último, habilítase o porto para o comercio, para que "os mercadores" do Porto de Carril "carguen e descarguen as suas mercadoryas" e o fagan nas mesmas condicións que o facían no Porto e Vila do Deán. O acordo entre as duas vilas ten data de oito de Octubro de 1492.

Este documento de avenencia entre Padrón e Carril é da maior trascendencia. En primeiro lugar os de Carril recoñecen un uso de pesca e salga que se viña facendo por "dereito e costume". Esta actividade tiña provocado enfrontamentos coa Vila de Padrón e a Igrexa de Iria Flavia xa entre os "preçesores" dos firmantes do documento. Podemos estar así ante a constatación dunha antigüidade de Carril superior ao sinalado por Jerónimo del Hoyo no seu informe como visitador episcopal.

En segundo lugar, este acordo entre as vilas pon as bases do futuro de Carril. A actividade principal é a pesca. Pero arredor dela creáse toda unha actividade comercial. A importación de sal supón a apertura dun comercio marítimo, a creación dun almacén e a xestión da sua distribución. A manufactura de peixe, a salga, supón os inicios dunha actividade fabril e a sua venta unha rede de distribución por mar e terra. A consolidación como porto mercantil faise cando se traspasa o dereito de carga e descarga de mercadorias.


NOTA.- Información sacada do documento de "traspaso dos dereitos de salgadura por parte dos Conegos de Iria e os Comerciantes de Padrón aos Comericantes do porto de Carril" publicado pola "Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón" no ano 2009 e recollido no libro de José Luis Mulet sobre Carril.

luns, 17 de novembro de 2014

O pleito con Padrón (2)

Navegaba Colón polo Atlántico a falta de catro días para divisar terra cando, moi lonxe, en Padrón, reúnense os representantes do Porto de Carril, da Vila de Padrón e dos coengos de Iria Flavia. Fai de mediador Lopo de Villar, o mesmo que vimos actúando de testimuña no pleito de Távera e Fonseca e demos como o primeiro carrilexo coñecido, naquel momento "notario  apostólico" da Diocese de Compostela con residencia en Carril. Tratábase de buscar un acordo para por fin ao conflicto sobre a salga de peixe, práctica que facían os de Carril a pesares de ser un privilexio de Padrón.

A salgaduría de peixe supuña un incipiente comercio dende o Porto de Carril. A "carga de sal", importación, e a venda de sardiña salgada, exportación, era o inicio desta actividade . A manufactura da sardiña salgada era o inicio da actividade fabril.

Pronto se chega a un acordo, a unha "avinça". Os de Padrón consinten que os de Carril "sempre posan cargar e descargar e carguen e descarguen todas suas mercadoryas de pescados que mataren et conplaren et salguen e secen desde oje este dia doje endiante". A cambio os de Carril habían de pagar un tributo anual aos de Padrón e a Colexiata de Iria. Compormétense a pagar "por sempre en cada anno a dita iglesia e conçello de Padron seyscentas pares de brancas para sempre jamas".Este tributo sería "a metade para a fábrica e reparo da dita yglesia de Sta. María dIria e a outra metade para o reparo dos muros da dita vila de Padrón". A cantidade  da que disporían os de Carril se establece en "cinco mylleiros" de sal.



NOTA.- Información sacada do documento de "traspaso dos dereitos de salgadura por parte dos Conegos de Iria e os Comerciantes de Padrón aos Comericantes do porto de Carril" publicado pola "Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón" no ano 2009 e recollido no libro de José Luis Mulet sobre Carril.

mércores, 12 de novembro de 2014

O pleito con Padrón (1)

No ano 1492 Carril era xa unha vila consolidada, plenamente adicada aos labores do mar. A pesca de sardiña e o seu salgado eran as principais actividades. Os dereitos señoriais que tiñan certas vilas iban en contra dos intereses dos veciños do Carril. A igrexa de Santa María de Iria Flavia e a Vila de Padrón reclamaban para si o dereito de "salga e seca" do peixe da Ría de Arousa baseándose en privilexios outorgados por pasados reis. Durante moito tempo ámbalas duas vilas víronse envoltas en "moytos pleytos e contendas, pennoras, roydos et escandalos". Os conflictos entre unha e outra parte deberon prolongarse no tempo xa que uns e outros recoñecen que as liortas "se rescreçeran entre os nosos preçesores nos tempos pasados e recresçen oje en dia entre nos outros".

Nese ano 1492 tiña chegado o momento de acordar. Reunidos os veciños de Carril, o seis de outubro, outorgan poder de representación a Juan de Santiago e Domingo do Quinteiro, procuradores habilitados na Vila. Firman o poder Roy de Labandeyra, Juan Seqo, Juan Vidal, Juan Domeo, Pero Myngees, Gómez de Casal, Pero de Lemos, Juan de Santiago, Juan de Caldayra, Juan Garido, Afonso Galo, Juan de Deus, Vasquo de Rodeyro, Fernán do Ryo,  e Juan Gomes.

Todos os firmantes da carta de poder actúan "por nos et por todos los outros vezinos et moradores que agora son et serán daqui adiante para sempre eno dito Porto de Carril". Tratábase de que esta representación carrilexa chegara a un acordo cos coengos de Iria e o Concello de Padrón.

NOTA.- Información sacada do documento de "traspaso dos dereitos de salgadura por parte dos Conegos de Iria e os Comerciantes de Padrón aos Comericantes do porto de Carril" publicado pola "Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón" no ano 2009 e recollido no libro de José Luis Mulet sobre Carril.

venres, 7 de novembro de 2014

Cultivos e rotacións

Non eran os traballos agrícolas a principal actividade económica do Carril de mediados do século XVIII. Maís o traballo no campo era unha actividade importante en lugares como Cortegada e Trabanca Sardiñeira. Os cultivos facíanse aproveitando a potencialidade das terras. Tiñan un carácter trienal e o plantado dependía da maior ou menor calidade do solo.

A terra era de primeira, segunda ou terceira calidade. Os cultivos dependían tamén de se estas eran de secano ou regadío. Nestas últimas, e nas terras de primeria calidade, os cultivos eran, o primeiro ano, de millo (cada ferrado de terra daba seis ferrados de millo), o segundo ano plantábase liño e fabas e o terceiro volvíase a plantar millo. Nas terras de segunda calidade, o millo plantado o primeiro ano daba unha producción de cinco ferrados; no segundo ano plantábase trigo, cunha producción de catro ferrados por ferrado de terra. O terceiro ano volvíase a plantar millo. Nas terras de terceira calidade o primeiro ano plantábase millo, cun rendemento de catro ferrados, o segundo ano centeo, cun rendemento de tres ferrados, e o terceiro ano outra vez millo.

Para as terras de secano a rotación era, nas de pirmeira calidade, de millo, cebada o segundo ano e millo outra vez no terceiro ano. En terras de segunda calidade a rotación era de millo, centeo e millo de novo. Nas terra de terceira calidade non había rotación, todos os anos plantábase millo.

Traballo na terra en Cortegada

martes, 4 de novembro de 2014

Xastres, teceláns e zapateiros.

O cuadro da actividade económica de Carril a mediados do século XVIII complétase  con tres oficios máis. Aqueles que traballaban no mar, como transportistas ou pescadores, os estancos, as barberias, a mercería, o mesón e mais o forno estaban acompañados doutros oficios artesanais.

Estes non eran outros que os xastres, os teceláns e os zapateiros. O primeiro oficio o exercían Francisco Rodríguez e José Romero, a quen se lle asigna un beneficio de dous reais por cada día traballado. Teceláns eran Francisco Gómez, Juan de Sevilla e Manuel Gómez, cun beneficio de real e medio. Finalmente había no Carril de aquel entón un zapateiro, Domingo Pérez, a quen se lle supoñía tres reais de renta por día de traballo.

sábado, 1 de novembro de 2014

Cargas e bens

No ano 1752 a Vila de Carril tiña unha serie de bens propios. O máis importante era  unha peza de terra, de nome "La Roza" cunha extensión de cento cincoenta ferrados. Tiña tamén un foro de tres libras de cera que lle pagaba D. Benito Leiro.

Había unha Dehesa Real, que lle chamaban de San Roque, cunha extensión de tres ferrados, que lindaba, por unha parte cun monte en mán común e por outras coas propiedades de Alejandro del Río e J. Manuel Noguerol.

Ademais de dezmos e Voto de Santiago que pagaba á Igrexa, a Vila tiña unha carga de 200 reais que, en concepto de Servicio Oridnario, pagaba a S. M. El Rey. Ademais pagaba 221 reais polos dereitos de carnes e 100 por utensilios.


xoves, 30 de outubro de 2014

Outros oficios

Na metade do século XVIII, a maior parte da poboación de Carril vivía do mar. A vila tiña o seu goberno, xuices, porcuradores, rexedores,... Logo había outros oficios que ocupaban a unha pequena parte da poboación.

Había un miliciano-soldado, que tamén era labrego, Santiago Rodríguez. Baltasar de Abalo era estanquillero e barbeiro. O estanco de tabaco dáballe 168 reais ao ano, a barbería 30. O rendemento do estanco era superior ao percibido por un  notario. Andrés González exercía este último oficio e calcula o Catastro de Ensenada un rendemento de 100 reais anuais.

Alberto Figueira era sacristán e barbeiro. Francisco García, Bernarda Baizón, Josefa García e José González eran revendedores de ovos, cun rendemento de 60 reais ao ano. Unha mercería tiñan os irmáns Alonso e Josefa de Chaves.

Os maiores rendementos ao ano o tiña o mesón de Tomasa López Padín e o forno de Matías del Río, con 200 e 100 reais cada un. O arrendador do dezmo eclesiástico, José da Costa, de Vilagarcía, obtiña un rendemento de 250 reais ao ano.


luns, 27 de outubro de 2014

Lanchas de pesca

Era onde traballaba o maior número de persoas. Máis do sesenta por cen dos carrilexos censados na metade do século XVIII traballaban neste tipo de barcos. O tipo de embarcacións supomos serían as diferentes variedades de dornas. Si os barcos de pasaxe eran exclusivos de Carril, a actividade das lanchas de pesca era compartida con todas as vilas mariñeiras da Ría.

Os rendimentos destas lanchas era menor que os dos galeóns. O Catastro de Ensenada calcula "dos reales el día que van al mar por el quiñón que les corresponde y a los marineros... otros dos reales por el quiñón de sus personas."

A relación de nomes daqueles que faenaban nas lanchas de pesca é extenso. Moitos dos apelidos de entón aínda están presentes hoxe no Carril. Citamos así a Domingo, Alberto, Ignacio, Francisco e Juan Franco; Benito, Antonio e Pablo Búa; Juan e Andrés Meaños; Victorio, Tomás e Domingo Rubianes; Pedro Luna; Roque Ramos; Domingo, Francisco e Andrés González; Alberto Canaval... Algúns deles darán nome, co tempo, a empresas consignatarias importantes, son os casos de Francisco, Basilio e Antonio García Reboredo e Antonio García Señoráns.


venres, 24 de outubro de 2014

Os barcos de pasaxe no século XVIII

O Catastro de Ensenada (1752) describe o número de embarcacións que había naquel entón en Carril, dí quen eran os seus propietarios e quen traballaba neles. Un tipo destes barcos eran os denominados "barcos de pasaxe", supoñemos, os galeóns. Fálase de que había "siete en la Ría o Puerto de esta Villa, que desde él navegan al Padrón con el flujo y reflujo de la mar".

O rendemento anual que daban estes barcos non era cativo. O Catastro bota conta de douscentos reais para cada un deles por ano, máis outro tanto para os mariñeiros que neles traballaban. Os propietarios destes barcos eran Alejandro do Río, Rafael Vieites, Lucas Älvarez, Juan González, Jacobo Duro, Dominga Pérez, Bernarda Bouzán, Alonso de Abalo e Francisco del Río. Algúns compartían a propiedade de cada barco. Así Lucas Álvarez, Dominga Pérez, Bernarda Bouzán e Alonso Abalo eran propietarios do 50% dun galeón.

No traballo nestas embarcacións empregábanse os seus propietarios e os fillos, ademais doutros que non tiñan esa relación familiar. Un total de trinta eran os homes que traballaban neles, a relación é a que sigue: Alejandro do Río, Rafael Vieites, Pedro Martínez, Jacobo Rodríguez, Ramón Vieites, Manuel Franco, Andrés Gómez, Lucas Álvarez, Juan González, Jacobo Franco, Jacobo Duro, Tomás Duro, José González, Jacobo Vicente, Ignacio Patiño, José Franco, Francisco Rodríguez, Francisco García do Pazo, Francisco González Rianjeiro, Francisco Bernárdez, Domingo García Señoráns, Blas Vicente, Benito González, Antonio García Padín, Antonio Rodríguez, Antonio de Abalo, Rafael García, Alonso de Chaves, Pedro de Lagos e Alonso Abalo.

mércores, 22 de outubro de 2014

O couto de Trabanca Sardiñeira

O nome de couto, ou couto redondo, o reciben os territorios que tiñan por detentador do dominio xurisdiccional e do dominio directo á mesma persoa, linaxe ou entidade. O dono da terra e aquel que exercía os dereitos da xusticia eran a mesma persoa. Coutos no noso municipio foron A Laxe, Cornazo, Trabanca Sardiñeira,...

Neste último caso o exercicio dos privilexios feudais os exercía o Conde de Grajal. A mediados do século XVIII, en razón de vasalaxe, en Trabanca pagábaselle a este Conde dezaseis ferrados e medio de centeo e once reais ao ano. En razón de luctuosa, o pago era de dous reais ao ano.

O dezmo eclesiástico tamén aquí dividíase en duas partes. Unha era para a Diginidade Arcebispal. A outra dividíase en dous cuartos. Un pagábase ao cura de San Xés de Bamio e a outra ao parroquial de Carril.

venres, 17 de outubro de 2014

Autoridades no 1752

As autoridades locais de mediados do século XVIII estaban relacionados coa xurisdicción e a adminsitración das rentas que pagaban os carrilexos. Habendo dous dominios xurisdiccionais, o do Arcebispado compostelán e o do Conde de Grajal, había un xuíz e un rexidor por cada un deles. Un e outro cargo recaían na mesma persoa. No 1752, Xuíz e Rexidor pola xurisdicción do bispo era Andrés González. Pola xurisdicción que exercía o Conde de Grajal, o Xuíz e Rexidor era Francisco de Canaval.

Outros cargos que existían naquel entón eran o de Escribano Real, que o exercía José García Señoráns, o de Administrador de Rentas Xerais, que era Alberto Cayetano Ricoy, o Cabo de Resgarda das Rentas Xerais, Baltasar Martínez, o Ministro de Resgarda das Rentas Xerais, Francisco Rodríguez, o Fiel Administrador das Rentas Provinciais, Lorenzo González Candamo, e o Garda de Rentas Provinciais, Benito de Canaval.

Atendendo ao salario que cada un percibía, podemos establecer a categoría destes últimos cargos. O máis importante era o de Administrador de Rentas Xerais, con catrocentos ducados anuais, seguido do Cabo e Ministro das mesmas rentas, con catro e tres reais diarios respectivamente. Nas Rentas Porvinciais, o Fiel obtiña tres reales por día, mentres o Garda un real tamén ao día.

martes, 14 de outubro de 2014

O dezmo eclesiástico

Sobre Carril exercían o poder xurisdiccional o arcebisbado de Compostela e o Conde de Grajal, este na menor parte. O mundo feudal tiña as suas obrigas. Os impostos de hoxe eran entón cargas en favor de particulares que tiñan o privilexio de exercer funcións públicas. Outros iban directamente a manter o entramado eclesial.

Na metade do século XVIII, uns dos maís importantes impostos eran o dezmo e o Voto de Santiago, ámbolos dous en favor da Igrexa. O pago do primeiro dividíase en duas metades, unha correspondíalle á dignidade arzobispal. A outra repartíase en duas partes, unha era para o cura parroquial da  Vila e a outra dábaselle ao cura parroquial de San Xés de Bamio.

En correspondencia, o dezmo que se cobraba na parroquia de Bamio dividíase en duas partes, unha para o arcebispado e a outra tamén se dividía en duas cuartas partes. Unha para o propio cura de Bamio e outra para o de Carril. Correspondían así unha parroquia coa outra. Nunha dominaban os productos agrarios e na outra os do mar. Unha e outra igrexa parroquíal equilibraban así o tipo dos seus ingresos.

venres, 10 de outubro de 2014

A Cámara de Comercio

No mesmo ano no que se rematan as obras portuarias, en 1866, constitúese a Cámara de Comercio carrilexa. O porto habilitado para o comercio internacional, as fábricas (duas de fundición, madeira, curtidos,...) e a vía ferroviaria en construcción convirten Carril nunha vila dinámica, sempre en relación cos industriais composteláns.

Os consignatarios son o grupo que dinamiza a economía local. Salvador Buhígas y Prat, Ricardo Caamaño, Santiago Sierra e Ricardo Urioste son os representantes das compañías marítimas aquí. The Pacific Steam Navigation, Royal Mail Steam Packet, Mala Real Inlgesa, Navegación a Vapor e Compañía Vasco Andaluza son as navieiras que operan desde aquí a través de cadansúa delegación.

A Cámara vai representar os intereses dos comerciantes e fabricantes locais. A sua primeria directiva estaba presidida por Ricardo Urioste. O acompañaban Salvador Buhigas y Prat, Pedro Ferreirós, Antonio Alemparte e José Carrasco.


luns, 6 de outubro de 2014

O pretendido ensanche

Apenas había vinte anos da inauguración das instalaciòns portuarias e Carril aborda novos proxectos. Pretendía medrar á moderna,  xa tiña ferrocarril. Vila turística ou porto mercantil foi un dilema nunca resolto, que se trasladará despois a Vilagarcía.

O Concello carrilexo aborda o cambio urbano da vila. O proxecto o realiza o inxeñeiro autor das instalacións portuarias, Alejandro Sesmeros. Se redacta no ano 1878, o aproba a Corporación carrilexa no 1880 e modíficase no ano 1888. O resultado do Carril soñado nesa época é o da foto.

venres, 3 de outubro de 2014

Vila branca

O núcleo histórico de Carril gardaba diferentes tipos de edificios. Os de maior número eran as vivendas mariñeiras, despois as vivendas con balcón voado sobre a rúa, de comerciantes e profesionais. No século XIX implántase a galería nos edificios de maior porte. Os edificios mercantís, os almacéns, e os oficiais (concello, xulgado e aduana) se completaban con aqueles con función recreativa (cine, teatro, casino, sociedades culturais,...) Todo o conxunto estaba presidido pola igrexa parroquial.

As rúas, abrigadas dos ventos, estaban empedradas unhas, outras contaban con beirarruas de pedra e calzada de terra. Os efectos das choivas mitigábanse verquendo cuncha de berberecho na calzada. Nalgúns casos, nas rúas Aduana, a Cruz ou as Laxes, a pedra natural desbastada servía de perfecto firme.

Os edificios facíanse en pedra. Tanto podía ser en mampostería ou en sillería ben labrada. En todos os casos as fachadas estaban caleadas, resgardando a pedra da chuvia. O cal era a pel dos edificios. Aillaba do exterior e permitíalle á pedra "respirar". Tiña carácter profiláctico e tamén empleábase nas madeiras do interior. O aspecto de todo o conxunto da vila era así a dun pobo branco, a dunha "vila alba, nacarada como un vigariño no areal" que dicía o poeta.

xoves, 2 de outubro de 2014

Vivendas mariñeiras: casa con patín

Casa mariñeira que ten acceso exterior á planta superior. Polo común son vivendas que, dentro do núcleo urbano, están afastadas do mar. A planta baixa é unha planta térrea de baixa altura, utilizada para gardar apeiros de mar ou para corte de animais. No primeiro andar sitúanse as dependencias de cociña, sobrado, cuartos... O patín vai situado na fachada principal, normalmente cun único tramo de escaleira.                                                                                                                                        

Vivenda con patín na confluencia das rúas Progreso e A Roda.

mércores, 1 de outubro de 2014

Vivendas mariñeiras: casa térrea e casa do remo

Cos mesmos materiais constructivos, pedra e madeira, aínda existiron dous tipos máis de vivendas mariñeiras. Unha, a casa térrea, é de planta baixa, con piso de terra, onde, en un espacio único, se desenvolve toda a vida familiar. Nunha evolución posterior ese espacio interior divídese con táboas de madeira. Créase a cociña, a sala e os cuartos. É o modelo máis primitivo da casa mariñeira. Normalmente aparece adosada por un dos seus lados a outra vivenda, consta así de tres fachadas. A cuberta é polo común a unha auga.

Entre a casa térrea e a casa do pincho sitúase a casa do remo. Coñécese así porque a súa fachada mide o equivalente a un remo dunha traíña. Ten cuberta a duas augas con pendente moi acentuada. No muro piñón sitúase unha fiestra. Ese espacio baixo cuberta utilízase como cuarto. A él accédese desde a cociña cunha escaleira interior.

Casas do remo en Cortegada

luns, 29 de setembro de 2014

Galeón Illa de Cortegada

Vivendas mariñeiras: as casas do pincho (2)

Aquel Plan Nacional de Mejoramiento de la Vivienda en los Poblados de Pescadores de 1942 aínda nos deixa outro exemplo de vivenda tipo "casa do pincho". Esta vez a planta é máis grande, a vivenda máis cómoda. A fachada duplica á do caso anterior.

Na planta baixa, dende a entrada principal, se extende un corredor que comunica co espacio posterior da casa, o salido. Na sua esquerda, o almacén de apeiros e un dormitorio. Na planta superior o sobrado dá cara a fachada principal, no medio un dormitorio e cara atrás a cociña e o comedor. A diferencia do caso anterior, a vida ordinaria realizábase na planta superior.

Os elementos constructivos seguen a ser a madeira e a pedra. Dous muros, medianeiros coa casa contigua, soportan vigas e tarima que divide en sección o espacio. Cada espacio está delimitado por paredes feitas de madeira, de tablón. A cuberta segue a ser a duas augas con orientación a cadansúa fachada.



sábado, 27 de setembro de 2014

Vivendas mariñeiras: as casas do pincho (1)

No ano 1942 a Dirección General de Arquitectura do Ministerio de la Gobernación elaborou un Plan Nacional de Mejoramiento de la Vivienda en los Poblados de Pescadores onde se incluía a CarrilAquel Plan ningunha repercusión práctica tivo, pero si deixou documentación que nos permite falar da vivenda tradicional mariñeira: a casa do pincho.

A casa do pincho é a construcción mariñeira máis antiga do litoral atlántico. Reciben este nome polo gancho de ferro que se colocaba no muro piñón coa misión de pendurar del as redes e poder así reparalas. Noutros casos, en vez de gancho había uns canzorros de pedra cunhas canles nas que se asentaba unha vara no que estender a rede para secar. Algún exemplo deste último caso podemos recordar en Carril.

O Plan mentado ofrécenos dous exemplos deste tipo de vivendas en Carril. A primeira é unha casa estreita con vano de entrada e ventana na parte superior. A planta baixa está ocupada polo comedor, a cociña e a escaleira de acceso á parte superior. Esa planta está ocupada por dous dormitorios. No documento do Plan fálase de que está habitada esta vivenda por un matrimonio con cinco fillos.




venres, 26 de setembro de 2014

Terceira imaxe da vila

O incremento do tráfico marítimo vai cambiar Carril. Fanse precisas novas instalacións para as labores de carga e descarga de buques de cada vez maior porte. No 1866 vanse facer obras que transforman a vila. No plano apreciase claramente cales son. En trama máis oscura aparece a traza urbana histórica, a liña ata onde chegaba o mar. En color máis claro o recheo para as instalacións portuarias. Un espigón de abrigo (o malecón) e unha explanada para acopio de mercadurías trasladan as labores portuarias do norte ao oeste da vila. Sobre parte da vella da dársena faise o acceso ao peirao. Neste momento non están nen a estarda da beiramar, nin o grupo de casas da Mariña, nin o grupo de casas sobre a praia da Ribeira.


mércores, 24 de setembro de 2014

A segunda imaxe da vila

A evolución urbana de Carril parte dunha vila pechada en si, levantada na mesma ribeira. Daquela o mar batía nos pés das casas. O pulo comercial transformou aquela vila do século XVI. A primeira infraestructura portuaria foi o hoxe coñecido como "muelle vello" que daba servicio a Aduana. A vila se transforma.

O podemos ver nesta imaxe. Toda a vila está presidida pola presencia da igrexa no alto. É o edificio máis destacado. A beiramar pouco ten que ver co que hoxe coñecemos, aínda así son identificables varios edificios.


Dende o sur, vemos a zona de Portugalete, sen paseo marítimo. As traseiras das casas dan

luns, 22 de setembro de 2014

CARRIL 2011 Encontro de Embarcacións Tradicionais

A primeira imaxe da Vila

No ano 1634, Pedro Teixeira, cartógrafo portugués, fai a "Descripción de España e das costas e portos dos seus reinos", que non é outra cousa que o levantamento dun mapa de toda a costa peninsular española. Foi un encargo do seu Rei, é dicir un exercicio de espionaxe ao modo do século XVII. Arredor de século e medio antes tiñase fundado a Vila do Carril. Aparece polo tanto a primeira imaxe que coñecemos da nosa Vila.

Nesta imaxe en Carril aínda domina a natureza. A trama urbana adaptase á xeografía. Un pequeno cabo sirve de asentamento. É unha vila arrodeada de mar, cun acceso estreito por terra, situada nun extremo dun extenso areal, a praia de Area Longa. Forma un núcelo pechado de casas que protexen as súas rúas dos ventos.

A actividade económica represéntase nos barcos. Uns son pequenos, aparecen varados na praia, e, outro, grande, aparece fondeado frente á vila. A actividade pesqueira queda representada neses barcos pequenos, posiblemente dornas. O tráfico mercantil queda representado no veleiro que ten amarrado o bote na popa. Aínda non se ten construído, nese momento, infraestructura portuaria algunha.

venres, 19 de setembro de 2014

Lope de Villar: o primeiro carrilexo coñecido.

As fontes documentais falan de que Carril foi fundado por xentes que viñan de Padrón, Abalo,... O certo é que a finais do século XV vaise ocupando a costa con diferentes vilas. Vilagarcía, Vilaxoán, Vilanova, Carril... nacen neste momento.


mércores, 17 de setembro de 2014

O nome e os traballos

A rica información que Jerónimo del Hoyo ofrece sobre o Carril no seu Memorial chega ata as súas orixes. Fala o coengo compostelán de que recibe este nome porque a vila fora levantada xunto a un camiño marcado pola pegada que os carros facían no seu ir e vir. Di que "llamáronla Carril por haberla edificado junto a un carril que hacían los carros de los labradores cuando venían a la rivera del mar y a la Isla de Nuestra Señora de Cortegada a buscar argazos para estercolar sus tierras".  O mundo campesiño e o mundo do mar atopaban no pequeno cabo carrilexo o seu lugar de encontro, marcado polas rodeiras que durante anos debuxaron no solo os carros de bois e vacas.


As orixes

No documento que firmou Jerónmo del Hoyo a principios do século XVII descríbese o estado das posesións do bispo de Compostela. O visitador arcebispal en Carril estivo nos anos 1607, 1608 e 1610. Conta que Carril tiña cen ferigreses, "la mayor parte dellos vasallos de doña Beatriz de Castro, condesa de Grajal y Señora de Peñaflor y Montaos, y los demás del arzobispo". O dominio señorial sobre Carril estaba pois dividido en dous. Unha parte pertencía ao Condado de Grajal e a outra, máis pequena, ao arcebispo compostelán.