A finais do século XIX, gran parte dos concellos asumiron que tiñan que facer un esforzo importante na procura dun comercio de comestibles cunhas mínimas condicións hixiénicas. O esforzo centrouse en construir prazas de abasto. A venda pola rúa nos días de feira, ofrecía, cando menos, unha imaxe deplorable. Os artículos de comer expostos no chan eran un auténtico perigo para a saude. As prazas de abasto concentraban a venda dos productos frescos e tiñan unha presencia permanente, garantían o abastecemento diario.
A praza de Carril se levantou no peirao novo, xunto á dársena. Inmediata á praza da Liberdade, foi construída na fábrica de fundición de Alemparte. As columnas de ferro, a valla de peche, cun amplio carácter ornamental, as cerchas que sostiñan a cuberta... eran dun ferro traballado na fábrica sita no lugar de San Andrés.
A praza de abastos de Carril non chegou a cumprir os cen anos. Pronto se fixo vella (a praza vella). Con deficiencias na construcción, como a cuberta de planchas que facilmente saían voando cun temporal forte, foi sendo abandonada polos vendedores que ían onde maior concurrencia de xente había. Foi derrubada nos finais dos anos sesenta, sustituida por outra ubicada no fondo da Alameda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario