luns, 12 de xaneiro de 2015

1876: rúas e veciños (7)

Os nomes de "Retiro" e "Extramuros" indican a situación periférica destas rúas. Son duas das que menos pagan en contribución urbana. Unha delas, o Retiro, apenas si contaba con seis veciños ou propietarios que pagaban unha media de vintenove pesetas anuais de contribución. Os que aquí vivían ou eran donos dalgunha das vivendas eran Antonio García García, José Encisa Prado, José Abelenda Franco, Manuel Cerucira Búa, Ramón Franco Río e Vicente Fungueiriño Tubio.

Maior número de poboación tiña a rúa Extramuros. A media de contribución que aquí se pagaba era de dezanove pesetas. Os contribuíntes eran Agustín Rivera Bello, Bernardo Rodríguez, Bárbara Barreiro Mosquera, Dolores Chaián, J. Benito Ferreirós Martínez, Juan Carmuega Pardo, Jacobo García García, Juan Torrado Carou, José Ramón Rodríguez Ramos, Jesús Ouje Millán, Josefa Chazo Guillán, Manuel Parada Parada, Ramón Castromán Aguín, Ramón Cerqueiras Iglesias, Ramón Barros e a viuda de Santiago Canabal Franco.

A última rúa que cabe citar nesta serie de artigos é a rúa Nova. Neste momento tan só viviían aquí tres veciños. Eran Bernardo Longa Iglesias, Francisco de Dios Abalo y Francisco González Villamarín, que, de media, pagaban pouco mais das quince pesetas ao ano de contribución.