No amplio proxecto para construcción dunha Residencia Real en Cortegada, cuestión fundamental era o abastecemento de auga.
Conseguir auga suficiente para un palacio, outras construccións e rego de xardíns non iba a ser tarefa fácil. A da propia Illa era insuficiente. Necesariamente tiña que traerse de fora.
A solución do enxeñeiro do Real Patrimonio, Andrés Ripollés, foi a de traela desde Xiabre. Alí, na finca do Confurco, propiedade de El Rey, faríase a toma a través dunha serie de minas e pozos. A continuación faríase un depósito, a 83 metros de altitude con respecto ao nivel do mar e con 2000 metros cúbicos de capacidade, para almacenamento. Unha tuberia levaría a auga desde ese depósito ata a Illa.
A "traída" de auga a Cortegada tiña as suas complicacións. Tiña que atravesar propiedades particulares ( as de Juan Ramón de la Riva, José Bravo, Manuel García Pérez, Herederos de Rey, Daniel Poyán, Herederos de Abalo e monte comunal), cruzar a vía do tren e una rúa (a de Cervantes). A solicitude de servidume para construir o acueducto a presenta Ripollés o dez de xaneiro de 1913. A concesión se otorga o 3 de decembro desde mesmo ano.
O trazado da conducción de auga se recolle nos planos que siguen a continuación.