venres, 13 de marzo de 2015

A pesca da sardiña no século XVI


No século XVI a maior actividade no mar centrábase na pesca da sardiña. A abundacia de bancos de xouba facilitaba que houbera diferentes artes de pesca.  Unha delas era a secada ou sacada, que consistía no lance e arrastre da rede desde terra. A xábega era a mesma arte pero con lance e arrastre de rede no mar, desde un barco. Coa arte do cerco, a rede, tamén desde embarcación, vai cercando o banco de sardiña. O xeito era unha rede fixa, fondeada, de tal modo que a sardiña enmallaba pola agalla.

As ordenanzas establecidas polo gremio de mareantes regulaban o bo marear, as practicas de pesca que estaban ou non permitidas. Para vixiar o cumplimento das ordenanzas había o acordo entre todas as vilas polo que cada un ano a vixiancia lle correspondía a cada unha delas. Así "de la dicha villa del Carril salían y salieron barcos de armada a correr la Ría los tiempos que convenía para que los que mareaban en ella no fuesen ni pescasen contra lo que en ella estaba vedado".

No ano 1583 o turno de vixiancia lle corresponde outravolta a Carril. Dende aquí partía "una pinaza como barco de armada a correr la Ría y prender a los que mareaban contra lo vedado y andaba a la vela por Beluso y avisaba a los mareantes" sobre o cumplimento das normas de pesca.

Especialmente perseguida estaba unha práctica que as ordenanzas do mar prohibían. Tratábase de impedir andar ao xeito "ni de noche ni de día sin boureles, echando arpeos a la mar para espantar la sardina y se vaya a meter en las redes".

secada ou sacada