venres, 10 de outubro de 2014

A Cámara de Comercio

No mesmo ano no que se rematan as obras portuarias, en 1866, constitúese a Cámara de Comercio carrilexa. O porto habilitado para o comercio internacional, as fábricas (duas de fundición, madeira, curtidos,...) e a vía ferroviaria en construcción convirten Carril nunha vila dinámica, sempre en relación cos industriais composteláns.

Os consignatarios son o grupo que dinamiza a economía local. Salvador Buhígas y Prat, Ricardo Caamaño, Santiago Sierra e Ricardo Urioste son os representantes das compañías marítimas aquí. The Pacific Steam Navigation, Royal Mail Steam Packet, Mala Real Inlgesa, Navegación a Vapor e Compañía Vasco Andaluza son as navieiras que operan desde aquí a través de cadansúa delegación.

A Cámara vai representar os intereses dos comerciantes e fabricantes locais. A sua primeria directiva estaba presidida por Ricardo Urioste. O acompañaban Salvador Buhigas y Prat, Pedro Ferreirós, Antonio Alemparte e José Carrasco.


Ningún comentario:

Publicar un comentario