
Os do barco de armada de Carril que andaban a percorrer a Ría en vixiancia axudaban aos da secada de Vilagarcía nas praias de Rianxo. Era o mes de outubro do ano 1583. Alí estaban, "
en buena conversación, trabajando", cando viron chegar a Gómez Mosquera, Xuíz da Vila de Rianxo. Este, con outros, "
arremetieron al dicho barco de penora y armada y se metieron dentro y se apoderaron de las armas", dicindo a aqueles que quedaran dentro que estaban presos. Despois foron a terra "
y preguntaron a los compañeros de la dicha secada si entre ellos había algunos de la Villa de Carril". Todos calaron, preguntou un por un, "
y porque el tercero no lo dijo... el dicho juez le dio de bofetadas". Ao final, "
mostrados y enseñados al dicho Juez los hombres que venían en el dicho barco", os fixo entrar onde estaban os demais presos e levounos con el "
a la Villa de Rianxo", onde os mantivo encarcelados durante varios días.
Este incidente enmarcase no conflicto que durante todo o século XVI aconteceu na Ría de Arousa sobre o dereito a pescar e as artes que deberían empegarse. Os conflictos foron entre Carril e Rianxo, entre Carril e o gremio e mareantes de Pontevedra, e entre outras vilas entre si. Neste caso, o Xuíz de Rianxo rexeita a presencia dos de Carril na sua xurisdicción. Os de Carril reivindican as disposicións reais que declaraban o mar da Ría como do común das vilas arousáns.