Cos mesmos materiais constructivos, pedra e madeira, aínda existiron dous tipos máis de vivendas mariñeiras. Unha, a
casa térrea, é de planta baixa, con piso de terra, onde, en un espacio único, se desenvolve toda a vida familiar. Nunha evolución posterior ese espacio interior divídese con táboas de madeira. Créase a cociña, a sala e os cuartos. É o modelo máis primitivo da casa mariñeira. Normalmente aparece adosada por un dos seus lados a outra vivenda, consta así de tres fachadas. A cuberta é polo común a unha auga.
Entre a casa térrea e a casa do pincho sitúase a
casa do remo. Coñécese así porque a súa fachada mide o equivalente a un remo dunha traíña. Ten cuberta a duas augas con pendente moi acentuada. No muro piñón sitúase unha fiestra. Ese espacio baixo cuberta utilízase como cuarto. A él accédese desde a cociña cunha escaleira interior.
 |
Casas do remo en Cortegada |
 |
Casa térrea rehabilitada |
ALUCINANTE,NO HABÍA VISTO DONDE LLEGABA LA PLAYA,RECUERDO LAS PIEDRAS DONDE ME SENTABA EN LA ESQUINA DE LA IZQUIERDA CUANDO ME LABABA MI LARGA MELENA ME ENCANTABA SENTARME AHI Y QUE EL SOL ME SECARA EL CABELLO.
ResponderEliminarBUENO PUBLIQUE ESTO COMO ANÓNIMO SIN DARME CUENTA,MI MELENA Y YO SOMOS OLGA OTERO
ResponderEliminar