No ano 911 o rei asturiano Ordoño II fai doazón de numerosos territorios ao Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela. A maior parte deles están na Ría de Arousa. Inclúe San Vicente de O Grove e a Illa de Arousa. Tamén está boa parte do territorio do actual municipio de Vilagarcía: Santa Baia de Arealonga, San Cristobo de Alobre e a Illa de Cortegada.
Na parte que corresponde a Cortegada o documento di: "insula de Cortegada integra e cautata cum sua ecclesia et suis directures", ou o que é o mesmo di, que fai doazón, da illa de Cortegada enteira coa sua igrexa e os seus directores.
A propiedade da Illa de Cortegada por parte de San Martiño Pinario perdurou durante case mil anos. Coa desamortización do século XIX os mosteiros perden o seu poder territorial e Cortegada cambia de máns.