domingo, 23 de agosto de 2015

Miguel Guisande e o bergantín Centinela

O comercio marítimo de Carril no século XIX extendíase por toda a Península, a Gran Bretaña e os países sudamericanos. Un dos protagonistas deste ir e vir de barcos era Miguel Guisande, capitán do bergantín chamado "Centinela".

O bergantín era un dos tipos de embarcacións adicadas ao comercio de travesías longas. Era un barco de dous paus, maior e trinquete. Por vela maior tiña unha gran cangreja, acompañada de velas cadradas.

Barco tipo bergantín
No mes de abril de 1852, Miguel Guisande chega co seu barco ao porto de Vigo. O seu destino era o porto de Carril pero os temporais e as averías na carga fan que arribe antes aquí. Partira de Buenos Aires o 21 de Novembro, a mercaduría que transportaba era coiro arxentino. Según relata o mesmo capitán, "por consecuencia dos sucesos de navegación", arribou ao Rio de Janeiro o 10 de decembro, saíndo daquel porto o dia 22 do mes de febreiro. O seu destino era Carril, pero na travesía experimentou "ventos contrarios que traballaban a nave máis do regular". A mar maís forte a vive os días 20 e 21 de abril nos 41º 46`de latitude norte e lonxitude oeste de 6º 41`. A pesares de "navegar moito velamén ferrado e o largo arrizado", tanto sufriu a nave polos forte balances que "chegou a rendirse polos trancaniles". O capitán Guisande toma as precaucións necesarias. Cando chega á Ría de Vigo métese no porto, onde pasa ao Lazareto de San Simón "a efectuar a coarentena que se lle impuso".