sábado, 27 de setembro de 2014

Vivendas mariñeiras: as casas do pincho (1)

No ano 1942 a Dirección General de Arquitectura do Ministerio de la Gobernación elaborou un Plan Nacional de Mejoramiento de la Vivienda en los Poblados de Pescadores onde se incluía a CarrilAquel Plan ningunha repercusión práctica tivo, pero si deixou documentación que nos permite falar da vivenda tradicional mariñeira: a casa do pincho.

A casa do pincho é a construcción mariñeira máis antiga do litoral atlántico. Reciben este nome polo gancho de ferro que se colocaba no muro piñón coa misión de pendurar del as redes e poder así reparalas. Noutros casos, en vez de gancho había uns canzorros de pedra cunhas canles nas que se asentaba unha vara no que estender a rede para secar. Algún exemplo deste último caso podemos recordar en Carril.

O Plan mentado ofrécenos dous exemplos deste tipo de vivendas en Carril. A primeira é unha casa estreita con vano de entrada e ventana na parte superior. A planta baixa está ocupada polo comedor, a cociña e a escaleira de acceso á parte superior. Esa planta está ocupada por dous dormitorios. No documento do Plan fálase de que está habitada esta vivenda por un matrimonio con cinco fillos.




venres, 26 de setembro de 2014

Terceira imaxe da vila

O incremento do tráfico marítimo vai cambiar Carril. Fanse precisas novas instalacións para as labores de carga e descarga de buques de cada vez maior porte. No 1866 vanse facer obras que transforman a vila. No plano apreciase claramente cales son. En trama máis oscura aparece a traza urbana histórica, a liña ata onde chegaba o mar. En color máis claro o recheo para as instalacións portuarias. Un espigón de abrigo (o malecón) e unha explanada para acopio de mercadurías trasladan as labores portuarias do norte ao oeste da vila. Sobre parte da vella da dársena faise o acceso ao peirao. Neste momento non están nen a estarda da beiramar, nin o grupo de casas da Mariña, nin o grupo de casas sobre a praia da Ribeira.


mércores, 24 de setembro de 2014

A segunda imaxe da vila

A evolución urbana de Carril parte dunha vila pechada en si, levantada na mesma ribeira. Daquela o mar batía nos pés das casas. O pulo comercial transformou aquela vila do século XVI. A primeira infraestructura portuaria foi o hoxe coñecido como "muelle vello" que daba servicio a Aduana. A vila se transforma.

O podemos ver nesta imaxe. Toda a vila está presidida pola presencia da igrexa no alto. É o edificio máis destacado. A beiramar pouco ten que ver co que hoxe coñecemos, aínda así son identificables varios edificios.


Dende o sur, vemos a zona de Portugalete, sen paseo marítimo. As traseiras das casas dan

luns, 22 de setembro de 2014

CARRIL 2011 Encontro de Embarcacións Tradicionais

A primeira imaxe da Vila

No ano 1634, Pedro Teixeira, cartógrafo portugués, fai a "Descripción de España e das costas e portos dos seus reinos", que non é outra cousa que o levantamento dun mapa de toda a costa peninsular española. Foi un encargo do seu Rei, é dicir un exercicio de espionaxe ao modo do século XVII. Arredor de século e medio antes tiñase fundado a Vila do Carril. Aparece polo tanto a primeira imaxe que coñecemos da nosa Vila.

Nesta imaxe en Carril aínda domina a natureza. A trama urbana adaptase á xeografía. Un pequeno cabo sirve de asentamento. É unha vila arrodeada de mar, cun acceso estreito por terra, situada nun extremo dun extenso areal, a praia de Area Longa. Forma un núcelo pechado de casas que protexen as súas rúas dos ventos.

A actividade económica represéntase nos barcos. Uns son pequenos, aparecen varados na praia, e, outro, grande, aparece fondeado frente á vila. A actividade pesqueira queda representada neses barcos pequenos, posiblemente dornas. O tráfico mercantil queda representado no veleiro que ten amarrado o bote na popa. Aínda non se ten construído, nese momento, infraestructura portuaria algunha.