Duas das rúas con maior número de veciños eran as do Progreso e Aduana. As duas seguíanlle ás anteriores en canto ao pago medio por habitante da contribución urbana. Na primeira, a rúa Progreso, o número de veciños era dezaseis e o pago da contribución alcanzaba case as noventa e duas pesetas anuais. Quen aquí vivían eran Gabriel Padrón Rico, os herdeiros de Isidro Padrón Castromán, Juan de la Fuente Carnero, J. Lorenzo de la Fuente, este pola testamentaria de Andrés Fernández, J. Benito de Abalo y Abalo, José Soto Abelenda, José Cortizo Gil, Juan R. Franco Abuín, José M. Cortés Ramos, Manuel Pérez Sisán, Manuel Franco Rivera, Pedro Abalo y Abalo, Rosario Villabrille Mon, os herdeiros de Rosa Figueiras Duro, Vicente Martínez Sanmartín e Virtudes Abalo.
O maior contribuínte desta rúa era J. Benito de Abalo y Abalo, que pagaba cincocentas cincoenta pesetas anuais por urbana e cento oitenta e sete por rústica, e vivía na casa inmediata ao que é hoxe o pequeno xardín de Rosalía de Castro, seguido de J. Lorenzo del la Fuente, con cento setenta pesetas de urbana e cento sesenta de rústica.
Os contribuíntes que vivían na rúa Aduana eran un total de vionteoito veciños. O pago medio anual de todos eles por contribución urbana pasaba das oitenta pesetas anuais. Os seus nomes eran Andrea García Abalo, os herdeiros de Antonia Eiras, Andrés del Rio Franco, Antonio Almeparte Fernández, Benita Romero Meaños, Ezequiel da Vila Sumay, Francisco Vieites Cortés, Francisco García Franco, Isabel Ferreirós Rey, Josefa Escobar García, Juana Franco Duro, Josefa Soto Padrón, Jacoba Moar Castromán, José Benito Meaños, José García Bravo, José Benito del Río, Manuel Franco Río, Pedro Gorordo Ibarra, Rosendo Blanco Suárez, Roque Franco Castromán, Ramón Ramos Rodríguez, Rosa Franco Abuín, Rosario Portas Moraña, herdeiros de Rosario Pérez Ríos, herdeiros de Rafael Búa Blanco, Serafín García Señoráns, Vicente Rivas Gómez e a Viuda de Ventura Filgueira Fernández.
Nesta rúa o maior contribuínte era José García Bravo, que pagaba un total de setecentas noventa pesetas anuais, seguíanlle Antonio Alemparte Fernández, con duascentas setenta e catro e Vicente Rivas Gómez, con cento cincoenta.
sábado, 6 de decembro de 2014
xoves, 4 de decembro de 2014
1876: rúas e veciños (1)
O "Repartimento da contribución territorial" permítenos coñecer onde vivían todos e cada un dos contribuíntes de Carril nos anos fianis do século XIX. A ocupación do espacio urbano non é froito dun casual. As principais rúas están ocupadas polos maiores propietarios. Dende o centro urbano establécese unha categoría de edificios e rúas que ben reflicten a escala social da localidade naquel momento. Os maiores contribuíntes residían na Mariña. Catro edificios albergaban a vivenda dos maiores propietarios . A cada un deles correspondíalle unha media de catrocentas trinta e tres pesetas de pago anual polas suas propiedades urbanas. Aquí residían Domingo Abad Ríos, Pedro García Bravo, Roque Álvarez Búa e Salvador Buhígas y Prat.
Outra rúa que na que se superaban as cen pesetas de pago anuais por contribución urbana era a rúa Luchana, inmediata á anterior. Aquí eran propietarios Agustín García Ramos, José Iglesias Moar, J. Manuel López Abalo, Manuel Ferreirós Rey, Miguel Padrón Castromán e Pablo Somoza Villamarín.
martes, 2 de decembro de 2014
1876: os maiores contribuíntes
O "Repartimento da contribución territorial" de 1876 dá a coñecer quén eran os maiores propietarios do Carril a finais do século XIX. Este documento tanto permite a relación nominal de maiores contribuíntes como establecer unha categoría de rúas segundo o seu valor catastral.
No primeiro caso podemos distinguir aqueles maiores contribuíntes que tiñan a súa residencia en Carril daqueles outros que, sendo propietarios aquí, non eran veciños carrilexos. Dos que tiñan residencia en Carril destaca como o maior contribuínte Salvador Buhígas y Prat, empresario local de orixe catalán, que chegaba a pagar anualmente de contribución un total de 398'70 pesetas. Entre as duascentas e as trescentas pesetas pagaban Benigno Artíme e os herdeiros de Antonia García Señoráns. O grupo dos que pagaban entre as cen e as duascentas pesetas estaba composto por Josefa Canabal Posse, Domingo Abad Ríos, José Benito de Abalo y Abalo, José García Bravo y Manuel Abalo Franco.
Daqueles que non residían en Carril pero que si tiñan propiedades aquí destacan sobre todos os de la Riva. Este é un apelido de empresarios compostelanos que en tempos foron administradores de todas as rentas da igrexa compostelana. Quén mais contribúe é Luis de la Riva Barros, con duas mil catrocentas pesetas anuais, seguíndolle o seu irmán Santiago de la Riva Barros con cincocentas sesenta. Máis de catrocentas pesetas pagaban Romulado López Ballesteros e Juan Puig. Máis de trescentas os herdeiros de Luis de la Riva e José María Carderid. Patricio Moreno, empresario compostelano, autor da desecación da marisma de Vilagarcía, tiña propiedades en Carril, de natureza rústica, polas que pagaba 126 pesetas.
Por último cabe destacar as 400 pesetas que pagaba Diego López Ballesteros, da Casa da Golpilleira; en concepto de rústica, supoñemos pola Illa de Cortegada.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)