O podemos ver nesta imaxe. Toda a vila está presidida pola presencia da igrexa no alto. É o edificio máis destacado. A beiramar pouco ten que ver co que hoxe coñecemos, aínda así son identificables varios edificios.
Dende o sur, vemos a zona de Portugalete, sen paseo marítimo. As traseiras das casas dan
directamente ao mar, portexidas por un muro que, nalgún caso, garda unha pequena horta. Aquí identificase o pequeno edificio que hoxe é restaurante. O segundo bloque son as vivendas que hoxe dan a Alameda. O mar chega aos seus pés, non hai muro que as separe do mar e a Alameda non existe. Do mesmo xeito que no caso anterior son as traseiras das casas que dan á rúa Aduana.
Identifícase perfectamente a Aduana, hoxe restaurante Loliña. Dende este edifico arranca o muelle vello, que se prolonga ata rematar cun frente con escalinata. Esa escaleira aínda se ve hoxe, despois de ser ampliado o peirao. A zona portuaria queda así marcada por este espigón que reforza o abrigo da dársena, onde se ven os grandes barcos atracados. A dársena ocupaba un espacio maior ao de hoxe. Non existía a paraza da Libertade, nin tampouco o grupo de casas da Mariña ( onde está o Gran Sol, o Luchana, o posto da Lotería, o Bóveda e o Panela). A fronte de casas da rúa Luchana e da Praza era beiramar, a ela desembocaban as rúas da Aduana, do Carme e Progreso. Tiña que contar este frente cun muro de protección dun paso para acceso a esas vivendas, xa que estas si eran fachadas principais.
Na intersección das rúa Progreso e Cervantes (antes chamada rúa do Bao) existía unha carpintería de ribeira que daba servicio aos barcos da dársena. Cara ao norte, volvemos a ter fachadas traseiras, as das vivendas da rúa de saída cara a Padrón e Santiago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario