As fontes documentais falan de que Carril foi fundado por xentes que viñan de Padrón, Abalo,... O certo é que a finais do século XV vaise ocupando a costa con diferentes vilas. Vilagarcía, Vilaxoán, Vilanova, Carril... nacen neste momento.
venres, 19 de setembro de 2014
mércores, 17 de setembro de 2014
O nome e os traballos
A rica información que Jerónimo del Hoyo ofrece sobre o Carril no seu Memorial chega ata as súas orixes. Fala o coengo compostelán de que recibe este nome porque a vila fora levantada xunto a un camiño marcado pola pegada que os carros facían no seu ir e vir. Di que "llamáronla Carril por haberla edificado junto a un carril que hacían los carros de los labradores cuando venían a la rivera del mar y a la Isla de Nuestra Señora de Cortegada a buscar argazos para estercolar sus tierras". O mundo campesiño e o mundo do mar atopaban no pequeno cabo carrilexo o seu lugar de encontro, marcado polas rodeiras que durante anos debuxaron no solo os carros de bois e vacas.
As orixes
No documento que firmou Jerónmo del Hoyo a principios do século XVII descríbese o estado das posesións do bispo de Compostela. O visitador arcebispal en Carril estivo nos anos 1607, 1608 e 1610. Conta que Carril tiña cen ferigreses, "la mayor parte dellos vasallos de doña Beatriz de Castro, condesa de Grajal y Señora de Peñaflor y Montaos, y los demás del arzobispo". O dominio señorial sobre Carril estaba pois dividido en dous. Unha parte pertencía ao Condado de Grajal e a outra, máis pequena, ao arcebispo compostelán.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)