mércores, 17 de setembro de 2014

As orixes

No documento que firmou Jerónmo del Hoyo a principios do século XVII descríbese o estado das posesións do bispo de Compostela. O visitador arcebispal en Carril estivo nos anos 1607, 1608 e 1610. Conta que Carril tiña cen ferigreses, "la mayor parte dellos vasallos de doña Beatriz de Castro, condesa de Grajal y Señora de Peñaflor y Montaos, y los demás del arzobispo". O dominio señorial sobre Carril estaba pois dividido en dous. Unha parte pertencía ao Condado de Grajal e a outra, máis pequena, ao arcebispo compostelán.


Describe con máis pormenor Jerónimo del Hoyo as posesións da mitra compostelana. Da iglesia parroquial dí que, aínda non rematada a súa obra nese momento, "está fundada algo en alto y es toda de buena cantería con sus arcos y aunque es de una nave es muy grande, larga y ancha y muy alta y muy clara". As capelas que salpicaban o solar carrilexo eran as da Nosa Señora dos Anxos, a de San Roque e a de San Andrés. Todas elas estaban situadas nos camiños de acceso á vila. A capela de San Andrés, hoxe desaparecida, situábase na saída sur da vila, nas inmediacións do que logo foi a fábrica de fundición de Alemparte. Non esqueceron as Memorias do visitador compostelán de mentar a capela de Cortegada,. que xa naquel momento "es de mucha devoción y así acuden a ella en romería de toda la comarca y de otras muchas partes".

As orixes de Carril as comenta o coengo del Hoyo cando fala de que "esta villa del Carril se comenzó a fundar había poco más de cien años", situando logo no final do século XV o momento en que Carril foi fundado. Dí que "fundáronla algunos vecinos del Padrón que venían a pescar al mar....y algunos feligreses de San Mamed de Abalo, de la aldea de Laxe y otras comarcas". Algúns dos apelidos dos fundadores de Carril pervivían naquel momento. Non eran outros que os de Miguéns, Díaz, Patiño,....


Ningún comentario:

Publicar un comentario