martes, 14 de outubro de 2014

O dezmo eclesiástico

Sobre Carril exercían o poder xurisdiccional o arcebisbado de Compostela e o Conde de Grajal, este na menor parte. O mundo feudal tiña as suas obrigas. Os impostos de hoxe eran entón cargas en favor de particulares que tiñan o privilexio de exercer funcións públicas. Outros iban directamente a manter o entramado eclesial.

Na metade do século XVIII, uns dos maís importantes impostos eran o dezmo e o Voto de Santiago, ámbolos dous en favor da Igrexa. O pago do primeiro dividíase en duas metades, unha correspondíalle á dignidade arzobispal. A outra repartíase en duas partes, unha era para o cura parroquial da  Vila e a outra dábaselle ao cura parroquial de San Xés de Bamio.

En correspondencia, o dezmo que se cobraba na parroquia de Bamio dividíase en duas partes, unha para o arcebispado e a outra tamén se dividía en duas cuartas partes. Unha para o propio cura de Bamio e outra para o de Carril. Correspondían así unha parroquia coa outra. Nunha dominaban os productos agrarios e na outra os do mar. Unha e outra igrexa parroquíal equilibraban así o tipo dos seus ingresos.


O Voto de Santiago foi un imposto especial en toda a Coroa de Castela para manter o culto a Santiago Apostol en Compostela. O conxunto de viciños de cada parroquía contribuían cunha parte dos seus productos, engordando aínda máis as arcas do arcebispo.

O dezmo que Carril pagaba naquel entón valorábase en mil cincocentos reais, o Voto de Santiago era equivalente a coarenta ferrados de centeo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario