O cuadro da actividade económica de Carril a mediados do século XVIII complétase con tres oficios máis. Aqueles que traballaban no mar, como transportistas ou pescadores, os estancos, as barberias, a mercería, o mesón e mais o forno estaban acompañados doutros oficios artesanais.
Estes non eran outros que os xastres, os teceláns e os zapateiros. O primeiro oficio o exercían Francisco Rodríguez e José Romero, a quen se lle asigna un beneficio de dous reais por cada día traballado. Teceláns eran Francisco Gómez, Juan de Sevilla e Manuel Gómez, cun beneficio de real e medio. Finalmente había no Carril de aquel entón un zapateiro, Domingo Pérez, a quen se lle supoñía tres reais de renta por día de traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario