Había un miliciano-soldado, que tamén era labrego, Santiago Rodríguez. Baltasar de Abalo era estanquillero e barbeiro. O estanco de tabaco dáballe 168 reais ao ano, a barbería 30. O rendemento do estanco era superior ao percibido por un notario. Andrés González exercía este último oficio e calcula o Catastro de Ensenada un rendemento de 100 reais anuais.
Alberto Figueira era sacristán e barbeiro. Francisco García, Bernarda Baizón, Josefa García e José González eran revendedores de ovos, cun rendemento de 60 reais ao ano. Unha mercería tiñan os irmáns Alonso e Josefa de Chaves.
Ningún comentario:
Publicar un comentario