xoves, 4 de decembro de 2014

1876: rúas e veciños (1)

O "Repartimento da contribución territorial" permítenos coñecer onde vivían todos e cada un dos contribuíntes de Carril nos anos fianis do século XIX. A ocupación do espacio urbano non é froito dun casual. As principais rúas están ocupadas polos maiores propietarios. Dende o centro urbano establécese unha categoría de edificios e rúas que ben reflicten a escala social da localidade naquel momento. Os maiores contribuíntes residían na Mariña. Catro edificios albergaban a vivenda dos maiores propietarios . A cada un deles correspondíalle unha media  de catrocentas trinta e tres pesetas de pago anual polas suas propiedades urbanas. Aquí residían Domingo Abad Ríos, Pedro García Bravo, Roque Álvarez Búa e Salvador Buhígas y Prat.

Outra rúa que na que se superaban as cen pesetas de pago anuais por contribución urbana era a rúa Luchana, inmediata á anterior. Aquí eran propietarios Agustín García Ramos, José Iglesias Moar, J. Manuel López Abalo, Manuel Ferreirós Rey, Miguel Padrón Castromán e Pablo Somoza Villamarín.



Ningún comentario:

Publicar un comentario