O incremento do tráfico marítimo vai cambiar Carril. Fanse precisas novas instalacións para as labores de carga e descarga de buques de cada vez maior porte. No 1866 vanse facer obras que transforman a vila. No plano apreciase claramente cales son. En trama máis oscura aparece a traza urbana histórica, a liña ata onde chegaba o mar. En color máis claro o recheo para as instalacións portuarias. Un espigón de abrigo (o malecón) e unha explanada para acopio de mercadurías trasladan as labores portuarias do norte ao oeste da vila. Sobre parte da vella da dársena faise o acceso ao peirao. Neste momento non están nen a estarda da beiramar, nin o grupo de casas da Mariña, nin o grupo de casas sobre a praia da Ribeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario