O comercio marítimo de Carril no século XIX extendíase por toda a Península, a Gran Bretaña e os países sudamericanos. Un dos protagonistas deste ir e vir de barcos era Miguel Guisande, capitán do bergantín chamado "
Centinela".
O bergantín era un dos tipos de embarcacións adicadas ao comercio de travesías longas. Era un barco de dous paus, maior e trinquete. Por vela maior tiña unha gran cangreja, acompañada de velas cadradas.
 |
Barco tipo bergantín |
No mes de abril de 1852, Miguel Guisande chega co seu barco ao porto de Vigo. O seu destino era o porto de Carril pero os temporais e as averías na carga fan que arribe antes aquí. Partira de Buenos Aires o 21 de Novembro, a mercaduría que transportaba era coiro arxentino. Según relata o mesmo capitán, "
por consecuencia dos sucesos de navegación", arribou ao Rio de Janeiro o 10 de decembro, saíndo daquel porto o dia 22 do mes de febreiro. O seu destino era Carril, pero na travesía experimentou "
ventos contrarios que traballaban a nave máis do regular". A mar maís forte a vive os días 20 e 21 de abril nos 41º 46`de latitude norte e lonxitude oeste de 6º 41`. A pesares de "
navegar moito velamén ferrado e o largo arrizado", tanto sufriu a nave polos forte balances que "
chegou a rendirse polos trancaniles". O capitán Guisande toma as precaucións necesarias. Cando chega á Ría de Vigo métese no porto, onde pasa ao Lazareto de San Simón "
a efectuar a coarentena que se lle impuso".
Ante a presencia de auga no barco e os posibles danos na carga fai a perceptiva "
protesta por avería de mar". O buque se somete a peritaxe, inspeccionando escotillas e carga. As primeiras aparecen perfectamente pechadas e precintadas. Algunha parte do coiro transportado aparece manchado e averiado pola auga que, según se recoñece, foi debida "
aos fortes temporais que experimentou durante a sua lonha navegación" o buque.
A Miguel Guisande no Centinela o acompañaban dous carrilexos máis. Un José María Patiño, en calidade de piloto. O outro era José María Fernández , Garda de Saude do buque. Cinco meses durou naquel momento a travesía desde Buenos Aires a Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario