venres, 3 de abril de 2015

Ulpiano Buhigas Prat

Ulpiano Buhígas y Prat
Xunto aos seus irmáns, Isabel e Salvador, naceu en Vilaxoán . Seus país, Salvador Buhigas y Jaume y Teresa Prats y Pons, pertencen á saga de cataláns que na Ría de Arousa se estableceron como "fomentadores" da conserva da sardiña. Naquel momento a burguesía establecía alianzas matrimoniais cara a manter o seu estatus. Isabel Buhigas casa con José Marchesi y Dalmau, industrial establecido na Coruña. Salvador se establece en Carril, casa coa filla do máis importante consignatario local, Esclavitud Abad Abalo. Fixa a sua residencia aquí, chega a ser Alcalde da vila, dando comenzo a actividade da consignataria Buhígas.

Ulpiano tamén marcha de Vilaxoán para establecerse en Carril no ano 1866. Aquí funda unha fábrica de fósforos e adícase ás explotacións de ouro en Galicia e Australia. Marcha a América e establécese en Uruguay, un dos maiores productores de gando no mundo. En Montevideo idea o sistema de conservación de carnes que levou o seu nome, facilitando así a sua exportación. Este sistema permitía o abastecemento de carne aos buques da Armada. A competencia da incipiente industria frigorífica fixo que o "sistema Buhigas" non prosperase. Quedaba o exemplo da capacidade emprendedora que tiña un promotor que, nado en Vilaxoán, de orixes cataláns, desenvolveu en Carril boa parte da sua actividade industrial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario