venres, 27 de marzo de 2015

1583. O pleito coa Xustiza de Rianxo (2)

Os do barco de armada de Carril que andaban a percorrer a Ría en vixiancia axudaban aos da secada de Vilagarcía nas praias de Rianxo. Era o mes de outubro do ano 1583. Alí estaban, "en buena conversación, trabajando", cando viron chegar a Gómez Mosquera, Xuíz da Vila de Rianxo. Este, con outros, "arremetieron al dicho barco de penora y armada y se metieron dentro y se apoderaron de las armas", dicindo a aqueles que quedaran dentro que estaban presos. Despois foron a terra "y preguntaron a los compañeros de la dicha secada si entre ellos había algunos de la Villa de Carril". Todos calaron, preguntou un por un, "y porque el tercero no lo dijo... el dicho juez le dio de bofetadas". Ao final, "mostrados y enseñados al dicho Juez los hombres que venían en el dicho barco", os fixo entrar onde estaban os demais presos e levounos con el "a la Villa de Rianxo", onde os mantivo encarcelados durante varios días.

Este incidente enmarcase no conflicto que durante todo o século XVI aconteceu na Ría de Arousa sobre o dereito a pescar e as artes que deberían empegarse. Os conflictos foron entre Carril e Rianxo, entre Carril e o gremio e mareantes de Pontevedra, e entre outras vilas entre si. Neste caso, o Xuíz de Rianxo rexeita a presencia dos de Carril na sua xurisdicción. Os de Carril reivindican as disposicións reais que declaraban o mar da Ría como do común das vilas arousáns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario