mércores, 11 de febreiro de 2015

O Procurador de Carril no ano 1583 (1)

Dende a sua fundación tiña Carril dous privilexios que non tiña ningunha outra vila próxima. Un era a capacidade dos  veciños de elexir directamente o seu goberno. Outro o de, alternando co bispado, elexir o rector da igrexa parroquial.

Por vellos usos e costumes a eleción do Procurador, o gobernante  local, facíase cada primeiro de ano no adro da igrexa, despois da misa maior. O procedemento era que o párroco, na ofrenda, convocaba aos veciños para, "en ayuntamiento", proceder á elección.

Así se fai no ano 1583. Despois da misa, "estando juntos en consistorio e ayuntamiento en el adro de la parroquial Iglesia de Santiago de la Villa del Carril, los vecinos de la dicha villa, según dijeron lo tenían de uso y de costumbre", proceden a elexir Procurador Xeral da Vila.

Naquel ano foi elexido Ignacio Fernández. O mandato de cada Procurador duraba un ano e outorgábaselle poder suficiente para levar adiante as accións necesarias para "provecho de la dicha Villa y bien común de la república della".

Ningún comentario:

Publicar un comentario