martes, 3 de febreiro de 2015

O retablo da parroquial de Santiago do Carril

A maioria dos estudosos da arte identifican o retablo da igrexa carrilexa con aquel que estivo instalado no convento de San Domingos de Bonaval en Compostela. A desamortización de 1836 fixo exclaustrar os monasteiros e conventos. O de Bonaval foi adicado a hospicio no ano 1841. A escultura que alí había foi esparexada polas igrexas composteláns, o retablo foi desmontado, trasladado e montado de novo na igrexa carrilexa.

Esto supón que Carril conta cun dos dous retablos que se conservan dun dos maiores artistas composteláns, Domingos de Andrade (1639-1712). Foi Mestre de Obras na Catedral compostelán e a el se deben importantes obras en Santiago. A Casa das Pomas, a Casa da Parra, e a Torre do Reloxio da Catedral, as tres na Praza da Quintana, son obras definitorias da paisaxe urbana de Santiago que deben a sua autoría a Domingos de Andrade. Do virtuosismo deste autor da conta unha outra obra súa, a escaleira helicoidal de Bonaval.

Ningún comentario:

Publicar un comentario