Cada primeiro de ano, na saída da misa maior, según era uso e costume de vello, os veciñós de Carril elexían en asamblea ao seu Procurador Xeral, o seu maior representante. Esta elección facíase no mesmo adro da igrexa parroquial, convocados polo rector da igrexa segundo tamén era costume vello.
Para o ano 1583 coñecemos os veciños que se congregan no adro para facer a elección do Procurador. Estes eran Juan de Ayán, Juan de Lousada, Bartolomé Patiño, Gregorio Patiño, Pedro Patiño, Juan Louzón, Alfonso Rodríguez, Julián de Lage, Alfonso Conde, Rodrigo de San Martiño, Lois Coello, Pero Sampedro,Gregorio de Goldar, Gregorio Amado, Pero Amado, Sebastián de Lage, Diego Pérez, Domingo da Lage, Juan de Simáns, Rodrigo Romeu, Bartolomé García, Gregorio de Lousada, Fernán Pérez, Pero Pardo, Juan Pardo, Andrés Míguez, Bartolomé Míguez, Pero de Santiago, Juan Afonso, Gregorio de Lavandeira, Manuel de Cores, Gregorio Vázquez, Gregorio Bravo, Juan de Sisto, Afonso Lourenzo, Estebo Ferro, Bastián de Lemos, Juan de Trabanca.
Todos eles actúan por si "y en nombre de los más vecinos de la dicha Villa que estaban ausentes por los cuales dijeron se obligaban"
Ningún comentario:
Publicar un comentario