Rafael Monleón y Torres foi un artista valenciano de finais do século XIX. A súa profesión era a de marino mercante. Percorreu boa parte da costa europea. A súa vocación foi a de pintor, grabador, arqueólogo, historiador,... Pintor de inspiración romántica, abordou temas na sua obra como mariñas urbanas, tormentas, escenas de barcos, paisaxes mariñas,....
No ano 1881 debeu recalar en Caril e Vilagarcía. Entre a súa abondosa colección de apuntes atópanse dous referidos a ambalas duas vilas. Unha é unha vista da mariña vilagarcián. Outra o peirao de Carril. Esta última é a que reproducimos.
 |
(Fonte: BNE) |
Na imaxe pódese ver parte das instalacións portuarias carrilexas. O malecón oculta un barco que esta a decargar a mercaduría. Máis atrás, un barco de gran porte aparece engalanado, fondeado á par de outro, unha goleta. Despoís os barcos "locais", un galeón fondeado na dársena, outro navega ao lonxe. En primeiro plano, un bote a vela cun só tripulante.
De fondo a Ría de Arousa. Destaca na xeografía a illa da Malveira Grande. No seu cumio distínguese unha construcción, quizáis os restos da vella capela de San Bartolomé
Me encanta
ResponderEliminarMuy interesante, Marce.Me llama la atención la ausencia de la farola en el malecón,así como la presencia del farolillo en el muelle viejo.
ResponderEliminar