Miguel Guisande era un capitán de barco de Carril. En el año 1803 capitaneaba el bergantín San Nicolás de Bari, propiedad del comerciante compostelano Ramón Pérez de Santamarina, dueño también de la fábrica de curtidos en lo que hoy llamamos Jardín de Artime.
Además de Miguel Guisande, la tripulación de aquel barco la componían siete hombres más. Entre ellos estaban su hermano, Juan Antonio Guisande, y Benito Deán y Eugenio Abelenda, los tres también de Carril.
El 25 de marzo de 1803, el bergantín sale del puerto de Barcelona. Allí había cargado papel, aguardiente y vino con destino a los puertos de A Coruña y Ferrol.
El barco, bien carenado, estanco de quilla y costados, armado, y provisto de todo lo necesario, emprende su viaje con buen viento. El día 3 de abril, con el Peñón de Gibraltar a la vista, padece vientos contrarios y se ve obligado a buscar un puerto de abrigo. Se refugia en Málaga y vuelve a la mar dos días más tarde.
Pasó el Estrecho de Gibraltar y el día 7 un viento del norte, contrario a su navegación, con mar gruesa y alborotada, hace dificultoso el viaje. El día 28 se vio obligado otra vez a buscar abrigo. Ahora es el puerto de Cascais donde fondea a la espera de mejores condiciones. No es hasta el día 8 de mayo cuando, con viento bonancible, reinicia el viaje.
Amosando publicacións coa etiqueta Embarcacións tradicionais b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Embarcacións tradicionais b>. Amosar todas as publicacións
martes, 22 de outubro de 2019
sábado, 2 de xuño de 2018
Carril, 1881
Rafael Monleón y Torres foi un artista valenciano de finais do século XIX. A súa profesión era a de marino mercante. Percorreu boa parte da costa europea. A súa vocación foi a de pintor, grabador, arqueólogo, historiador,... Pintor de inspiración romántica, abordou temas na sua obra como mariñas urbanas, tormentas, escenas de barcos, paisaxes mariñas,....
No ano 1881 debeu recalar en Caril e Vilagarcía. Entre a súa abondosa colección de apuntes atópanse dous referidos a ambalas duas vilas. Unha é unha vista da mariña vilagarcián. Outra o peirao de Carril. Esta última é a que reproducimos.
Na imaxe pódese ver parte das instalacións portuarias carrilexas. O malecón oculta un barco que esta a decargar a mercaduría. Máis atrás, un barco de gran porte aparece engalanado, fondeado á par de outro, unha goleta. Despoís os barcos "locais", un galeón fondeado na dársena, outro navega ao lonxe. En primeiro plano, un bote a vela cun só tripulante.
De fondo a Ría de Arousa. Destaca na xeografía a illa da Malveira Grande. No seu cumio distínguese unha construcción, quizáis os restos da vella capela de San Bartolomé
No ano 1881 debeu recalar en Caril e Vilagarcía. Entre a súa abondosa colección de apuntes atópanse dous referidos a ambalas duas vilas. Unha é unha vista da mariña vilagarcián. Outra o peirao de Carril. Esta última é a que reproducimos.
![]() |
| (Fonte: BNE) |
De fondo a Ría de Arousa. Destaca na xeografía a illa da Malveira Grande. No seu cumio distínguese unha construcción, quizáis os restos da vella capela de San Bartolomé
domingo, 23 de agosto de 2015
Miguel Guisande e o bergantín Centinela
O comercio marítimo de Carril no século XIX extendíase por toda a Península, a Gran Bretaña e os países sudamericanos. Un dos protagonistas deste ir e vir de barcos era Miguel Guisande, capitán do bergantín chamado "Centinela".
O bergantín era un dos tipos de embarcacións adicadas ao comercio de travesías longas. Era un barco de dous paus, maior e trinquete. Por vela maior tiña unha gran cangreja, acompañada de velas cadradas.
No mes de abril de 1852, Miguel Guisande chega co seu barco ao porto de Vigo. O seu destino era o porto de Carril pero os temporais e as averías na carga fan que arribe antes aquí. Partira de Buenos Aires o 21 de Novembro, a mercaduría que transportaba era coiro arxentino. Según relata o mesmo capitán, "por consecuencia dos sucesos de navegación", arribou ao Rio de Janeiro o 10 de decembro, saíndo daquel porto o dia 22 do mes de febreiro. O seu destino era Carril, pero na travesía experimentou "ventos contrarios que traballaban a nave máis do regular". A mar maís forte a vive os días 20 e 21 de abril nos 41º 46`de latitude norte e lonxitude oeste de 6º 41`. A pesares de "navegar moito velamén ferrado e o largo arrizado", tanto sufriu a nave polos forte balances que "chegou a rendirse polos trancaniles". O capitán Guisande toma as precaucións necesarias. Cando chega á Ría de Vigo métese no porto, onde pasa ao Lazareto de San Simón "a efectuar a coarentena que se lle impuso".
O bergantín era un dos tipos de embarcacións adicadas ao comercio de travesías longas. Era un barco de dous paus, maior e trinquete. Por vela maior tiña unha gran cangreja, acompañada de velas cadradas.
![]() |
| Barco tipo bergantín |
venres, 27 de marzo de 2015
1583. O pleito coa Xustiza de Rianxo (2)
Os do barco de armada de Carril que andaban a percorrer a Ría en vixiancia axudaban aos da secada de Vilagarcía nas praias de Rianxo. Era o mes de outubro do ano 1583. Alí estaban, "en buena conversación, trabajando", cando viron chegar a Gómez Mosquera, Xuíz da Vila de Rianxo. Este, con outros, "arremetieron al dicho barco de penora y armada y se metieron dentro y se apoderaron de las armas", dicindo a aqueles que quedaran dentro que estaban presos. Despois foron a terra "y preguntaron a los compañeros de la dicha secada si entre ellos había algunos de la Villa de Carril". Todos calaron, preguntou un por un, "y porque el tercero no lo dijo... el dicho juez le dio de bofetadas". Ao final, "mostrados y enseñados al dicho Juez los hombres que venían en el dicho barco", os fixo entrar onde estaban os demais presos e levounos con el "a la Villa de Rianxo", onde os mantivo encarcelados durante varios días.Este incidente enmarcase no conflicto que durante todo o século XVI aconteceu na Ría de Arousa sobre o dereito a pescar e as artes que deberían empegarse. Os conflictos foron entre Carril e Rianxo, entre Carril e o gremio e mareantes de Pontevedra, e entre outras vilas entre si. Neste caso, o Xuíz de Rianxo rexeita a presencia dos de Carril na sua xurisdicción. Os de Carril reivindican as disposicións reais que declaraban o mar da Ría como do común das vilas arousáns.
martes, 17 de marzo de 2015
1583. O pleito coa Xustiza de Rianxo (1)
Era outubro de 1583 e un barco de Carril percorre a Ría vixiando que os "mareantes de xeito no mareasen contra las ordenanzas que en los dichos lugares hay". Correspondíalle ese ano a esta vila facer os labores de vixiancia. Para elo, "los barcos de penora y armada de la Villa del Carril corren y van por todas las partes y lugares que a ellos mejor les parece hasta la Villa de Rianxo y lo mismo hacen ellos que corren y van hasta la Villa del Carril".
Cando, despois de percorrer a enseada de Beluso e vixiar aos moitos barcos xeiteiros que alí había, os de Carril escoitan voces que os chaman en auxilio. Era Andrés Boceta, veciño de Vilagarcía, mestre dunha secada que faenaba na praia de Rianxo, que chamaba polo barco de Carril "para que les favoreciese y ayudase a coger y llevar la pesca que traía por entender... que el barco que traían no bastaría para ello".
O barco que xa viña para Carril variou o rumbo e achegouse ata onde estaba a secada de Andrés Boceta. Atracaron na praia e "salieron a tierra dos o tres hombres ... a tirar por la sardina y coger la pesca...". Tanta era a pesca naquel momento que non eran bastantes os homes para tirar da rede nin o barco para cargala.
Conta Bartolomé Martínez, vecino de Vilagarcía e traballador daquela sacada, que así estaban faenando, "todos ellos en buena conversación trabajando la dicha sacada", cando viu que "llegó a donde ellos estaban el juez de Rianxo Gómez Mosquera".

venres, 13 de marzo de 2015
A pesca da sardiña no século XVI
No século XVI a maior actividade no mar centrábase na pesca da sardiña. A abundacia de bancos de xouba facilitaba que houbera diferentes artes de pesca. Unha delas era a secada ou sacada, que consistía no lance e arrastre da rede desde terra. A xábega era a mesma arte pero con lance e arrastre de rede no mar, desde un barco. Coa arte do cerco, a rede, tamén desde embarcación, vai cercando o banco de sardiña. O xeito era unha rede fixa, fondeada, de tal modo que a sardiña enmallaba pola agalla.
As ordenanzas establecidas polo gremio de mareantes regulaban o bo marear, as practicas de pesca que estaban ou non permitidas. Para vixiar o cumplimento das ordenanzas había o acordo entre todas as vilas polo que cada un ano a vixiancia lle correspondía a cada unha delas. Así "de la dicha villa del Carril salían y salieron barcos de armada a correr la Ría los tiempos que convenía para que los que mareaban en ella no fuesen ni pescasen contra lo que en ella estaba vedado".
No ano 1583 o turno de vixiancia lle corresponde outravolta a Carril. Dende aquí partía "una pinaza como barco de armada a correr la Ría y prender a los que mareaban contra lo vedado y andaba a la vela por Beluso y avisaba a los mareantes" sobre o cumplimento das normas de pesca.
Especialmente perseguida estaba unha práctica que as ordenanzas do mar prohibían. Tratábase de impedir andar ao xeito "ni de noche ni de día sin boureles, echando arpeos a la mar para espantar la sardina y se vaya a meter en las redes".
![]() |
| secada ou sacada |
xoves, 20 de novembro de 2014
O pleito con Padrón (3)
Ademais da pesca e a descarga de sal, o acordo entre Carril e Padrón regula duas cousas mais. Víñase dando o caso de que a Carril acudían xentes tanto "das aldeas como de fora" a pescar. Para eles tamén ten vixencia o acordo do pago das "seysçentos pares de brancas". Por último, habilítase o porto para o comercio, para que "os mercadores" do Porto de Carril "carguen e descarguen as suas mercadoryas" e o fagan nas mesmas condicións que o facían no Porto e Vila do Deán. O acordo entre as duas vilas ten data de oito de Octubro de 1492.
Este documento de avenencia entre Padrón e Carril é da maior trascendencia. En primeiro lugar os de Carril recoñecen un uso de pesca e salga que se viña facendo por "dereito e costume". Esta actividade tiña provocado enfrontamentos coa Vila de Padrón e a Igrexa de Iria Flavia xa entre os "preçesores" dos firmantes do documento. Podemos estar así ante a constatación dunha antigüidade de Carril superior ao sinalado por Jerónimo del Hoyo no seu informe como visitador episcopal.
En segundo lugar, este acordo entre as vilas pon as bases do futuro de Carril. A actividade principal é a pesca. Pero arredor dela creáse toda unha actividade comercial. A importación de sal supón a apertura dun comercio marítimo, a creación dun almacén e a xestión da sua distribución. A manufactura de peixe, a salga, supón os inicios dunha actividade fabril e a sua venta unha rede de distribución por mar e terra. A consolidación como porto mercantil faise cando se traspasa o dereito de carga e descarga de mercadorias.
NOTA.- Información sacada do documento de "traspaso dos dereitos de salgadura por parte dos Conegos de Iria e os Comerciantes de Padrón aos Comericantes do porto de Carril" publicado pola "Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón" no ano 2009 e recollido no libro de José Luis Mulet sobre Carril.
luns, 17 de novembro de 2014
O pleito con Padrón (2)
Navegaba Colón polo Atlántico a falta de catro días para divisar terra cando, moi lonxe, en Padrón, reúnense os representantes do Porto de Carril, da Vila de Padrón e dos coengos de Iria Flavia. Fai de mediador Lopo de Villar, o mesmo que vimos actúando de testimuña no pleito de Távera e Fonseca e demos como o primeiro carrilexo coñecido, naquel momento "notario apostólico" da Diocese de Compostela con residencia en Carril. Tratábase de buscar un acordo para por fin ao conflicto sobre a salga de peixe, práctica que facían os de Carril a pesares de ser un privilexio de Padrón.
A salgaduría de peixe supuña un incipiente comercio dende o Porto de Carril. A "carga de sal", importación, e a venda de sardiña salgada, exportación, era o inicio desta actividade . A manufactura da sardiña salgada era o inicio da actividade fabril.
Pronto se chega a un acordo, a unha "avinça". Os de Padrón consinten que os de Carril "sempre posan cargar e descargar e carguen e descarguen todas suas mercadoryas de pescados que mataren et conplaren et salguen e secen desde oje este dia doje endiante". A cambio os de Carril habían de pagar un tributo anual aos de Padrón e a Colexiata de Iria. Compormétense a pagar "por sempre en cada anno a dita iglesia e conçello de Padron seyscentas pares de brancas para sempre jamas".Este tributo sería "a metade para a fábrica e reparo da dita yglesia de Sta. María dIria e a outra metade para o reparo dos muros da dita vila de Padrón". A cantidade da que disporían os de Carril se establece en "cinco mylleiros" de sal.
NOTA.- Información sacada do documento de "traspaso dos dereitos de salgadura por parte dos Conegos de Iria e os Comerciantes de Padrón aos Comericantes do porto de Carril" publicado pola "Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón" no ano 2009 e recollido no libro de José Luis Mulet sobre Carril.
A salgaduría de peixe supuña un incipiente comercio dende o Porto de Carril. A "carga de sal", importación, e a venda de sardiña salgada, exportación, era o inicio desta actividade . A manufactura da sardiña salgada era o inicio da actividade fabril.
Pronto se chega a un acordo, a unha "avinça". Os de Padrón consinten que os de Carril "sempre posan cargar e descargar e carguen e descarguen todas suas mercadoryas de pescados que mataren et conplaren et salguen e secen desde oje este dia doje endiante". A cambio os de Carril habían de pagar un tributo anual aos de Padrón e a Colexiata de Iria. Compormétense a pagar "por sempre en cada anno a dita iglesia e conçello de Padron seyscentas pares de brancas para sempre jamas".Este tributo sería "a metade para a fábrica e reparo da dita yglesia de Sta. María dIria e a outra metade para o reparo dos muros da dita vila de Padrón". A cantidade da que disporían os de Carril se establece en "cinco mylleiros" de sal.
NOTA.- Información sacada do documento de "traspaso dos dereitos de salgadura por parte dos Conegos de Iria e os Comerciantes de Padrón aos Comericantes do porto de Carril" publicado pola "Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón" no ano 2009 e recollido no libro de José Luis Mulet sobre Carril.
mércores, 12 de novembro de 2014
O pleito con Padrón (1)
No ano 1492 Carril era xa unha vila consolidada, plenamente adicada aos labores do mar. A pesca de sardiña e o seu salgado eran as principais actividades. Os dereitos señoriais que tiñan certas vilas iban en contra dos intereses dos veciños do Carril. A igrexa de Santa María de Iria Flavia e a Vila de Padrón reclamaban para si o dereito de "salga e seca" do peixe da Ría de Arousa baseándose en privilexios outorgados por pasados reis. Durante moito tempo ámbalas duas vilas víronse envoltas en "moytos pleytos e contendas, pennoras, roydos et escandalos". Os conflictos entre unha e outra parte deberon prolongarse no tempo xa que uns e outros recoñecen que as liortas "se rescreçeran entre os nosos preçesores nos tempos pasados e recresçen oje en dia entre nos outros".
Nese ano 1492 tiña chegado o momento de acordar. Reunidos os veciños de Carril, o seis de outubro, outorgan poder de representación a Juan de Santiago e Domingo do Quinteiro, procuradores habilitados na Vila. Firman o poder Roy de Labandeyra, Juan Seqo, Juan Vidal, Juan Domeo, Pero Myngees, Gómez de Casal, Pero de Lemos, Juan de Santiago, Juan de Caldayra, Juan Garido, Afonso Galo, Juan de Deus, Vasquo de Rodeyro, Fernán do Ryo, e Juan Gomes.
Todos os firmantes da carta de poder actúan "por nos et por todos los outros vezinos et moradores que agora son et serán daqui adiante para sempre eno dito Porto de Carril". Tratábase de que esta representación carrilexa chegara a un acordo cos coengos de Iria e o Concello de Padrón.
NOTA.- Información sacada do documento de "traspaso dos dereitos de salgadura por parte dos Conegos de Iria e os Comerciantes de Padrón aos Comericantes do porto de Carril" publicado pola "Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón" no ano 2009 e recollido no libro de José Luis Mulet sobre Carril.
Nese ano 1492 tiña chegado o momento de acordar. Reunidos os veciños de Carril, o seis de outubro, outorgan poder de representación a Juan de Santiago e Domingo do Quinteiro, procuradores habilitados na Vila. Firman o poder Roy de Labandeyra, Juan Seqo, Juan Vidal, Juan Domeo, Pero Myngees, Gómez de Casal, Pero de Lemos, Juan de Santiago, Juan de Caldayra, Juan Garido, Afonso Galo, Juan de Deus, Vasquo de Rodeyro, Fernán do Ryo, e Juan Gomes.
Todos os firmantes da carta de poder actúan "por nos et por todos los outros vezinos et moradores que agora son et serán daqui adiante para sempre eno dito Porto de Carril". Tratábase de que esta representación carrilexa chegara a un acordo cos coengos de Iria e o Concello de Padrón.
NOTA.- Información sacada do documento de "traspaso dos dereitos de salgadura por parte dos Conegos de Iria e os Comerciantes de Padrón aos Comericantes do porto de Carril" publicado pola "Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón" no ano 2009 e recollido no libro de José Luis Mulet sobre Carril.
luns, 27 de outubro de 2014
Lanchas de pesca
Era onde traballaba o maior número de persoas. Máis do sesenta por cen dos carrilexos censados na metade do século XVIII traballaban neste tipo de barcos. O tipo de embarcacións supomos serían as diferentes variedades de dornas. Si os barcos de pasaxe eran exclusivos de Carril, a actividade das lanchas de pesca era compartida con todas as vilas mariñeiras da Ría.
Os rendimentos destas lanchas era menor que os dos galeóns. O Catastro de Ensenada calcula "dos reales el día que van al mar por el quiñón que les corresponde y a los marineros... otros dos reales por el quiñón de sus personas."
A relación de nomes daqueles que faenaban nas lanchas de pesca é extenso. Moitos dos apelidos de entón aínda están presentes hoxe no Carril. Citamos así a Domingo, Alberto, Ignacio, Francisco e Juan Franco; Benito, Antonio e Pablo Búa; Juan e Andrés Meaños; Victorio, Tomás e Domingo Rubianes; Pedro Luna; Roque Ramos; Domingo, Francisco e Andrés González; Alberto Canaval... Algúns deles darán nome, co tempo, a empresas consignatarias importantes, son os casos de Francisco, Basilio e Antonio García Reboredo e Antonio García Señoráns.
venres, 24 de outubro de 2014
Os barcos de pasaxe no século XVIII
O Catastro de Ensenada (1752) describe o número de embarcacións que había naquel entón en Carril, dí quen eran os seus propietarios e quen traballaba neles. Un tipo destes barcos eran os denominados "barcos de pasaxe", supoñemos, os galeóns. Fálase de que había "siete en la Ría o Puerto de esta Villa, que desde él navegan al Padrón con el flujo y reflujo de la mar".
O rendemento anual que daban estes barcos non era cativo. O Catastro bota conta de douscentos reais para cada un deles por ano, máis outro tanto para os mariñeiros que neles traballaban. Os propietarios destes barcos eran Alejandro do Río, Rafael Vieites, Lucas Älvarez, Juan González, Jacobo Duro, Dominga Pérez, Bernarda Bouzán, Alonso de Abalo e Francisco del Río. Algúns compartían a propiedade de cada barco. Así Lucas Álvarez, Dominga Pérez, Bernarda Bouzán e Alonso Abalo eran propietarios do 50% dun galeón.
No traballo nestas embarcacións empregábanse os seus propietarios e os fillos, ademais doutros que non tiñan esa relación familiar. Un total de trinta eran os homes que traballaban neles, a relación é a que sigue: Alejandro do Río, Rafael Vieites, Pedro Martínez, Jacobo Rodríguez, Ramón Vieites, Manuel Franco, Andrés Gómez, Lucas Álvarez, Juan González, Jacobo Franco, Jacobo Duro, Tomás Duro, José González, Jacobo Vicente, Ignacio Patiño, José Franco, Francisco Rodríguez, Francisco García do Pazo, Francisco González Rianjeiro, Francisco Bernárdez, Domingo García Señoráns, Blas Vicente, Benito González, Antonio García Padín, Antonio Rodríguez, Antonio de Abalo, Rafael García, Alonso de Chaves, Pedro de Lagos e Alonso Abalo.

luns, 29 de setembro de 2014
luns, 22 de setembro de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)