luns, 15 de decembro de 2014

1876: rúas e veciños (6)

Os veciños de Cortegada pagaban unha media de vinte pesetas anuais pola contribución urbana. O que máis contribuía era Roque Ramos Rodríguez, con cento catorce pesetas, o que menos Francisco Conde Rodríguez con catro.

A media de pago por contribucíon rústica era superior á urbana. Pasaba das cincoenta e sete pesetas ao ano o que pagaban os veciños de Cortegada polas suas terras. O maior contribuínte aquí era J. Manuel Chaves Amenal, con cento vintesete pesetas, seguido de Miguel Ramos Caneda, José M. Conde Conde, Antonio Sardiñeira Ramos e José Rodríguez Cardalda.

En total eran trece os contribuíntes que vivían en Cortegada, os seus nomes eran:
  • Antonio Sardiñeira Ramos
  • Francisco Conde Rodríguez
  • J.Manuel Chaves Amenal
  • José M. Conde Conde
  • José Rodríguez Cardalda
  • Juana Ozores Río
  • Juan Melón Figueirido
  • Miguel Ramos Caneda
  • Manuel Súarez Padín
  • Ramón Rodríguez Cardalda
  • Rosendo de Dios Ríos
  • Roque Ramos Rodríguez
  • Ventura Conde Conde

sábado, 13 de decembro de 2014

1876: rúas e veciños (5)

Entre as trinta e tres e as coarenta e cinco pesetas de pago medio de contribución están as rúas Prim, Vitoria, e Cervantes. Os maiores contribuíntes da rúa Prim eran J. María Franco Riuela e J. Manuel Ramos Señoráns. Vivían aquí ademais, Josefa Abuín González, J. Benito Chaves Ramos, Manuel Abuín Franco, Pedro Rodríguez, Ricardo Torrado Carou, Rosa González García e Ventura Seijas Teira.

Na rúa Vitoria o maior contribuínte era Manuel Abalo Franco. A media do pago de contribución ascendía ás 35 pesetas. Vivían ademáis Andrea Duro García, Agustín Iglesias Castro, Concepción Franco Rivera, Enrique Canabal Franco, Francisca Couselo Romero, José Manuel de Dios Río, Juan Bernardo González, José Andrés Barros y Barros, Joaquín Cerqueiras Falcón, José María Ramos Rey, Josefa Rey, Josefa del Río García, Juana Rodríguez Moar, Manuel Suárez Otero, Manuel Abalo Franco, Rafael Castromán González,  e Ramón García Franco.

A rúa Cervantes era unha das que maior número de veciños tiña. A media de pago de contribución ascendía a trinta e tres pesetas anuais. Vivían aquí Andrés Padrón Río, Anselmo Torres Millán, os herdeiros de Benita Patiño Búa, Baltasar Linares, Diego Ramos Patiño, Encarnación Lens Lens, a viuda de Francisco Rodríguez Cascallar, José Crespo Ramos, Jacinto Somoza Duro, José Franco Iglesias, a viuda de Manuel  Romero, Juana Ferreirós González, José González Rodriguez, Josefa Iglesias Ferreirós, Joaquín Vicente Suárez, Josefa Gondar Búa, Juan L. García Señoráns, José M. Breijo Ramos, Manuel Ares Cabanelas, Peregrina Eiras García, Ramón P. Figueiras Ramos, Santiago Conde Conde e Soledad García Rodríguez.